O PP sigue esixindo as melloras nas liñas de tren Ourense-Lugo
Os deputados do Partido Popular polas provincias de Ourense e Lugo -Celso Delgado, Ana Vázquez, Jaime de Olano e Joaquín García- anunciaron este sábado que esixirán a rectificación do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA), así como de Adif, sobre a "inxustificada pretensión" de eliminar as variantes dos Peares-Canabal e Rubián (entre Bóveda e Sarria) previstas e comprometidas no plan de modernización e mellora da liña ferroviaria Ourense-Lugo.
Dúas variantes que reducirían ata en 23 minutos o percorrrido dos 117 quilómetros que separan por tren ambas as dúas capitais, "e cuxa construción permitiría aos lucenses aproveitar a conexión do AVE en Ourense e viaxar a Madrid en pouco máis de tres horas e cuarto", afirmou o deputado ourensán Celso Delgado.
Os representantes populares fixeron este anuncio na estación de Monforte de Lemos, onde na compaña de senadores lucenses e da presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, confirmaron que rexistraron a solicitude de comparecencia no Congreso do ministro de Transportes, José Luis Ábalos, e da presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, co obxectivo de que rectifiquen "a súa intención de non executar esas dúas variantes".
Esta cuestión xa motivara o pasado mes de febreiro unha iniciativa parlamentaria "na que só obtivemos respostas evasivas e sen concreción sobre o momento administrativo destes proxectos e as datas que se manexan para a súa licitación", criticou Delgado.
A cita dos deputados populares en Monforte de Lemos tivo ademais un "particular significado", destacan, pois foi nesta vila onde compareceu o pasado 12 de marzo a presidenta de Adif para facer balance das actuacións en marcha e previstas para a modernización do corredor ferroviario Ourense-Monforte-Lugo, "sen que fixera referencia algunha a estas variantes tanto na súa intervención oral como na nota de prensa que con posterioridade distribuíu Adif", critican desde o PP.
Na situación actual, engaden os populares lucenses e ourensáns, "os trens máis rápidos invisten 94 minutos na viaxe entre Ourense e Lugo, cunha velocidade media de 74 quilómetros por hora que se elevaría ata os 85 coas melloras e electrificación da vía entre Monforte e Lugo".
Celso Delgado engadiu un dato máis, subliñando que Pardo de Vera "faltou á verdade", cando nunha entrevista publicada na prensa o 14 de marzo afirmaba que "cando cheguei non había nada sobre Lugo-Ourense, nin sabíamos canto medían os túneles". O deputado popular cualificou esta declaración como "un disparate".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SOLUCIÓN ENERGÉTICA
El petróleo verde de Ourense: 28.000 hogares ya se calientan con biomasa
JORNADA EN EL MARCOS VALCÁRCEL
En Ourense se practican 250 ostomías cada año
Lo último
PLANTA DE FORVIA EN OURENSE
El fondo Apollo, propietario del Atlético de Madrid, adquieren la división ourensana de Faurecia
"HACERLE LA VIDA IMPOSIBLE"
El hijo de Bárcenas declara que su padre le habló de una "grabación a Rajoy" sobre "la contabilidad B" del PP
LOS PINOS EN MONTEALEGRE
Así quedan los árboles tras el ataque letal del barrenillo de los pinos, en fotos
PEDÍAN 9 AÑOS DE CÁRCEL
El expresidente de la Generalitat Jordi Pujol, eximido por su deterioro cognitivo