O centro de Saúde do Couto e o proxecto 'Anxela', protagonistas na xunta de goberno

Ourense. 12-01-17, Locakl. R.P. do Alcalde de Ourense Jesús Vázquez.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Jesús Vázquez en rolda de prensa.

Jesús Vázquez explicou que dende a corporación axudarán as embarazas e nais con nenos de menos de tres anos en situación de vulnerabilidade

O alcalde tamén falou doutros temas tratados na xunta de goberno. Explicou que a xustiza desestimou a demanda do Sergas de deixar sen efecto a anulación da licenza de ocupación do centro de saúde do Couto. A administración autonómica pedía empregar o edificio namentres non tivese licenza de ocupación, unha opción que denegou o xuíz. O auto non é firme, e contra el poderase interpoñer recurso de apelación. 

Tamén se aprobou a concesión de licenzas para unha escola de danza e formación artística e para unha academia de estudos non regrados

A máis, se adxudicou o arrendamento dun inmoble para a cesión do seu uso á Asociación de Veciños Portovello – As Lagoas, na praza Daniel González núm. 4, por un importe de 5.242,45 euros/anuais. 

A xunta de goberno informou tamén do proxecto Anxela no que está a colaborar o Concello de Ourense, destinado a mulleres embarazadas e nais recentes (con fillos de ata 3 anos de idade) en circunstancias difíciles ou de especial vulnerabilidade. O programa, que está a desenvolver a asociación RedMadre en colaboración co Concello de Ourense, participan 20 mulleres xunto ás súas parellas e fillos, e ten unha duración de tres meses prorrogables a outros tres.

Unha educadora social, unha psicóloga e cinco voluntarios son o persoal adicado a este apoio ás nais. En canto aos medios materiais, están a colaborar o Banco de Alimentos, ou a Rede de Farmacias Colaboradoras que doan cueiros.

Te puede interesar