O PSdeG porá en marcha na provincia un observatorio dos servicios sociais

A portavoz de Igualdade e Benestar do Grupo Parlamentario Socialista, Laura Seara, e a secretaria de Políticas Sociais da Executiva Provincial, Asunción Rivero, anunciaron onte que dende o PSdeG en Ourense, se porá en funcionamento un Observatorio dos Servizos Sociais, no que se integrará a Oficina de Atención á Dependencia e que permitirá un ‘seguimento real’ das políticas sociais na provincia.
Asunción Rivero explicou que Ourense ‘é a cuarta provincia de Galicia’ en canto a equipamentos sociais se refire, ‘pese a ser a máis envellecida’. Puxo de exemplo ao concello de Calvos de Randín, que ten a poboación máis envellecida de Galicia, ‘e que só recibiu 32.422 euros en 2009’.

Te puede interesar