O PSdeG de San Amaro critica o uso privado da telefonía oficial

O grupo municipal do PSdeG de San Amaro afirma que o alcalde, Ernesto Pérez, fai descarga de aplicacións e música utilizando o seu teléfono móbil oficial. 'Non teñen ningún sentido nun teléfono oficial, este uso particular nos parece unha falta de respeto absoluta e unha utilización indebida da propiedade pública que derivou nun encarecemento dos importes a abonar', sinalan os socialistas, tras puntualizar que poideron acceder ás facturas.
A oposición considera moito máis grave, tras os análisis pormenorizados das chamadas, que 'nos atopamos con números de países tan diversos como República Dominicana, Arxentina, México, Francia ou Portugal, estas trouxeron consigo que algunhas facturas acadaran importes de preto de 500 euros só do numero do alcalde'.

Ernesto Pérez rechazou estas acusacións, manifestando que 'é totalmente falso e teño as facturas a disposición de quen as queira ver, nunca fixen ningunha chamada a eses países, pero o que é certo e que viaxei a eles, e seguín atendendo o teléfono porque pode haber algunha urxencia, por iso as cargas nas facturas corresponden a cantidade que me corresponde abonar cando me chamaron'. En relación as descargas de música, sinalou que 'nunca descarguei unha canción', pero que durante un tempo estuvo activada a aplicación sen pretendelo.

Te puede interesar