O PSOE pide a administración electrónica en Barbadás

O PSdeG pretende a posta en funcionamento no Concello de Barbadás da Administración Electrónica para que a veciñanza poida xestionar a través de Internet unha serie de procedementos e consultar on line o estado de tramitación dos mesmos.
Para Xosé Carlos Valcárcel, voceiro socialista no Concello de Barbadás, o obxectivo desta proposta está moi claro, 'que o cidadán non necesite desprazarse ás oficinas municipais e poida relacionarse coa Administración dende a súa casa'. O voceiro socialista sinala que 'deste xeito conséguese un mellor servizo de atención á veciñanza, que debe ser o fin último dunha institución pública.

A implantación da Administración Electrónica abranguería 'dende un simple certificado de empadroamento ata unha licenza de obra e facilitaría o seguemento a través de Internet dos procedementos administrativos', engade Valcárcel.

Dende o Grupo Socialista apuntan que o aforro que suporía a Administración Electrónica é moi considerable, pois a diminución dos gastos en trámites burocráticos oscila entre o 27 e o 32 por cento. 'Ó mesmo tempo tamén mermarían nunha porcentaxe do 30 % os custros das cargas administrativas ás empresas nos seus trámites coa administración', apunta Xosé Carlos Valcárcel.

Te puede interesar