A participación cidadá, un plan de emprego e a creación da marca 'Carballiño calidade' son apostas do candidato

O PSOE propón calidade turística

Nogueira, Otero, Fumega e Dacal. (Foto: Martiño Pinal)
Acandidatura do PSOE ás vindeiras eleccións muncipais no Carballiño, que encabeza Francisco Fumega, destacou onte que o turismo é un dos puntais esenciais no seu programa de obxectivos. Neste sentido, propoñen 'definir e difundir a marca Carballiño-Calidade para potenciar unha oferta diversa e integral', que incremente a capacidade de atracción que hoxe posúe o municipio.
Francisco Fumega manifestou que se desenvolverá 'un programa específico de respaldo ás empresas que prestan os servizos turísticos', fomentando a formación do persoal, a promoción da oferta hosteleira e apoiando a modernización das súas infraestructuras. Por outra banda, o equipo socialista anunciou a posta en marcha dun Plan de Emprego Local; a creación dunha Axencia de Desenvolvemento económico e cooperación comarcal e un Centro de captación de empresas e fondos europeos.

A nivel de goberno, o PSOE carballiñes aposta por unha Concellería de Participación Cidadá para atender as demandas dos veciños. Ó respecto, teñen a previsión dunha 'carpeta cidadán' que permita obter dende a propia casa documentación municipal utilizando un carné suministrado polo Concello, de xeito que no prazo máximo de 48 horas calquera solicitude xa estará procesada e o usuario poderá informarse dela. Ademais, abrirase un portal web para coñecer en tempo real os feitos máis importantes do Carballiño.

Te puede interesar