EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DESPEDIDA COS COMPAÑEIROS
Atrás quedan xa os anos como mestre vividos en centros educativos de Viana do Bolo, O Carballiño e Ourense, pero para a celebrar a xubilación do profesor Ramón Selas todos os que o acompañaron nalgún momento da súa dilatada experiencia na docencia -un total de corenta e un anos- quixeron estar presentes. "A despedida foi marabillosa, moi emotiva, sobre todo por ver aos compañeiros do Carballiño, aos que levaba uns anos ser ver", conta Ramón.
Ramón Selas estivo especializado na rama de Instalacións Electrotécnicas no que, nos comezos da súa carreira, aínda se coñecían como Institutos de Formación Profesional -agora IES-, pero que mudou co tempo ata converterse na FP que coñecemos a día de hoxe. A súa primeira experiencia como profesor foi en Viana do Bolo, onde coñeceu a José Antonio Puig, coñecido como Nenillo: máis tarde os dous serían, en épocas diferentes, directores do IES Manuel Chamoso Lamas, un cargo que tamén ostentaron Paco Rodríguez e José Manuel, os catro na foto desta noticia.
Foi precisamente neste instituto do Carballiño onde pasou a maior parte da súa etapa profesional. "É o meu centro de referencia, estiven alí 24 anos, posiblemente os que máis me marcaron porque me pillou con menos de trinta anos, entón era todo sangre quente", conta entre risas. Aquí, ademais de mestre, "fun titor, xefe departamento, vicedirector, xefe de estudos, director... pasei por todos os cargos que pode haber nun centro. Entón esa vidilla cos alumnos, co profesorado, foron etapas moi bonitas", lembra.
Os últimos catorce anos da súa carreira estivo no IES 12 de Outubro da cidade de Ourense, onde tamén "exercín de vicedirector un par de anos, aportei a experiencia que traía do Chamoso Lamas".
Medio centenar de compañeiros e amigos xuntáronse o pasado quince de novembro no recén inaugurado Mercado da Ponte para gozar dun delicioso xantar e celebrar a despedida das aulas de Ramón Selas. "Levo xa uns días xubilados e acomódome ben, pero vouno botar de menos. O ensino foi a miña vida, desfrutei moitísimo, sempre fun a traballar con ilusión e ganas. Estou feliz de ter sido docente".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último