Políticos, empresarios, sindicatos, gente de la cultura y la educación apelan a la fuerza de la democracia

Reacciones en Ourense

Solidaridad, pésame, condolencias, ánimos... Los ourensanos se ponen al lado del triste momento que atraviesan familiares, amigos, compañeros y, en general, toda la sociedad española ante el atentado que acabó con la vida de Isaías Carrasco. Políticos, empresarios, sindicatos y desde la Cultura y la Universidad se agarran con fuerza al modelo democrático, el Estado de Derecho, la decisión libre. Y arremeten contra unos terroristas a los que catalogan de ’peste’, ’asasinos’ o ’bandidos’, pidiendo su extinción ¡ya!.
Independientemente del rango y la formación política que defienden o del sector social al que representan, el atentado ha dejado un sentimiento común de condena.

José Luis Baltar (presidente provincial del Partido Popular). ’Quérolle dar o meu máis sentido pésame a toda a familia socialista, porque eles sofren hoxe o desgarro que supón este asasinato. O que non se pode permitir nun estado de dereito é que uns asasinos entren en campaña. Seguimos a decir o mesmo de sempre. Son uns asasinos e hai que acabar con eles coa Policía e o Estado de Dereito. O falar con eles non é a solución e nunca a vai ser. Temos que reforzar o Estado de Dereito e aprobar as leis que fagan falla e aplicalas ata metelos en vereda. E se poden que traten de nos convencer coa palabra, o demais non se pode consentir’.

Manuel Vázquez (secretario provincial del Partido Socialista). ’Nestes duros momentos quero trasladar as miñas condolencias para a familia de Isaías Carrasco e para toda a xente do País Vasco que ve como, impunemente, tentan destrozar o modelo democrático. Os atentados terroristas sempre deixan unha sensación de rabia porque un grupo de bandidos tenta irrumpir nun sistema democrático co que todos estamos dacordo menos catro. Non podemos permitirlle a esa xente que rompa os canles democráticos, debemos acudir masivamente ás urnas para seguir decidindo libremente’.

Francisco Rodríguez (alcalde de Ourense, PSOE). ’Como pasa sempre que hai un atentado, temos unha sensación de profunda tristeza e desprezo a quen vilmente acaba coa vida dunha persoa. A piques de celebrarse a festa da democracia, esto en vez de a unha festa lévanos ó loito. Pero máis que nunca os demócratas temos que estar unidos para demostrar a estes profesionais do terrorismo que queremos vivir en liberdade e debemos darlle ese exemplo indo todos a votar o 9 de marzo e demostrándolle que están equivocados’.

Alexandre Sánchez Vidal (teniente de alcalde de Ourense, BNG). ’Quero mostrar a miña solidariedade coa familia da víctima e coa familia socialista, a quen lle tocou desta vez. Esto é insoportable. Xa basta e xa chega. O único que pode ser é que hai que aplicar a lei e quen teña responsabilidade desto caiga. Pretenden entrar en campaña, pero hailles que dicir que non. O que está claro é que hai un enemigo claro o que hai que batir. Témonos que unir e facer unha piña para acabar con esta peste’.

Camilo Ocampo (subdelegado del Gobierno). ’Condeno o cruel asasinato do ex-concelleiro socialista do País Vasco. Quero darlle o pésame os familiares, amigos e compañeiros así como transmitir a nosa solidariedade e afecto en momentos coma estes de tan grande tristeza. O terrorismo nunca vencerá á democracia, polo que creo que o conxunto das forzas políticas e os cidadáns imos defender as liberdades e os dereitos fundamentais mañá co noso voto. Non me cabe dúbida de que os corpos e forzas de seguridade do Estado deterán en breve ós autores do atentado, que pagarán pola súa acción’.

Juan Francisco Gálvez (vicerrector Campus de Ourense). ’Frente a un asesinato, qué se puede decir. Da igual de que partido político seas, es una sinrazón que no alcanzo a entender. Son situaciones ante las que, sinceramente, no sé cómo reaccionar ni qué decir porque se escapan de mi cabeza y de mi razonamiento. Que se haga uso de la violencia y hasta puntos tan extremos con supuestos fines políticos va en contra de cualquier principio democrático. Lo único que se le viene a uno a la cabeza ante estos atentados es que hay que acabar con los terroristas ya de una vez por todas’.

Etelvino Blanco (CIG). ’As palabras son poucas para denunciar este crime aborrecible. Merece a máis enérxica repulsa de toda a sociedade e a solidariedade coa familia. É unha salvaxada dende o punto de vista humán e tamén ten connotacións políticas. Só beneficia a aqueles que están en contra da paz e de buscar unha saída ó problema vasco. Atenta contra a saída pacífica’.

José Gómez (CC.OO.). ’Os atentados son un golpe á democracia. Solidarizámonos cos demócratas e ante todo coa familia. Que todos os demócratas nos demos conta de importancia que ten loitar cos votos contra os terroristas. Apoio total ás forzas de seguridade e a democracia e que todos vaiamos a votar porque pretenden asustar á xente. Contra ETA lóitase votando’.

José Luis Fernández Celis (UGT). ’É unha mágoa. Quero trasladarlle toda a solidariedade á sua familia e compañeiros. Tras un atentado sempre queda un sentimento de impotencia e difícil de dixerir’.

Francisco Rodríguez (CEO). ’Lamento mucho el atentado. Es una pena que un país esté sometido a estos chantajes. Debemos estar todos unidos contra el terrorismo. Quiero transmitir mi solidaridad con todos y especialmente con los compañeros del País Vasco, que me consta que están muy presionados y es muy difícil trabajar así’.

Ovidio Fernández (Cámara de Comercio). ’Condeno estos actos que enlutan la transparencia y democracia del país. Se reproduce una historia triste de difícil interrupción. Ante la pérdida de vidas de forma tan vil no hay palabras. Es penoso y triste. Lo único que hay que hacer es pensar que algún día España podrá vivir tranquila y desarrollar su democracia sin que esto suceda. Hay otras fórmulas para defender ideales sin que tengan que morir personas’.

ARTISTAS

Acisclo Manzano (escultor). ’Estou en contra da violencia e a morte. Non comprendo que digan que é para conquerir liberdade e usen pistolas en vez de palabras. Nós loitamos fai anos por conquerir liberdades e chegar á democracia e agora veñen estes a matar para impor a súa razón. Son tan fanáticos que cren que así imos cambiar os nosos votos, e agora han de estar rindo cando vexan as nosas reaccións. Son asasinos a soldo duns que seguro están nun despacho usándoos e enganándoos e tentando salpicarnos a todos cun problema que inventaron eles. Non se dan de conta do importante que é a democracia.

Manuel Buciños (escultor). ’As noticias dun atentado terroristas sempre se reciben moi mal e, en certo modo, neste momento aínda peor, porque teñen un contrapunto eleitoral e precisamente eso o que buscan estes terroristas. Toda a sociedade estamos desexando que desaparezan dunha vez por todas’.






Te puede interesar