GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
Volven “Os soñadores”, a coral do antigo Fogar do Pensionista da rúa Concello, despois de tres anos parados pola pandemia. Este grupo de xubilados celebra hoxe ás 19,00 horas Santa Cecilia, a Patroa dos Músicos, cunha actuación na misa solemne que se celebra na igrexa dos Franciscanos do Parque de San Lázaro. “Os soñadores”, que onte ensaiaban con moitas ganas de volver, teñen director de luxo: Tony Pérez (Ourense, 1952), mítico fundador de Tony Pérez y Los Arquinos, orquestra que percorreu Galicia, España e ata o estranxeiro.
Tony Pérez adícase á música desde os oito anos e está a punto de cumprir os 70. “Toda a vida”, lembra emocionado. Ademais de recuperar as actuacións coa súa orquestra -prevé que para primavera- dirixe varias corais, como a de “Os soñadores”. “Hai anos celebrábase moito este día de Santa Cecilia, houbo anos que ata se xogaban partidos e pasábase moi ben. ‘Os soñadores’ xa naceron nos anos oitenta, é o coro do centro sociocomunitario. Son xente con moita ilusión, gústalles cantar. E a maioría non son profesionais, pero encántalles cantar. De aí o nome, son soñadores”, presume o director.
“Os soñadores” levan máis de tres anos sen tocar, de aí os nervios dos ensaios previos. Pero hai moito ánimo e traballo detrás: quen vaia hoxe á misa das sete nos Franciscanos escoitará cancións relixiosas, pero tamén temas moi pegados á actualidade. “É unha coral que lle gusta moito ao público, moi apreciada pola xente. Tocaremos temas de misa e temas dos que chamamos cantos de rúa, populares. Faremos referencia ao que está pasando co Villa de Pitanxo, coa xente do mar, que en Galicia hai moita”, adianta.
Tony Pérez tamén está desexando regresar con Tony Pérez y Los Arquinos despois de tres anos de parón. “Esperemos que para a primavera”, di o rei da verbena.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
La Región
¿Cuándo llega el Día de las Oportunidades?
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 22 de marzo
CONTINÚAN LOS ATAQUES
Irán ataca Dimona, ubicación de las principales instalaciones nucleares israelíes
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia