melloras

Renovación do alumeado público en 28 núcleos de Vilamarín

O Concello vén de acometer un contrato menor por 12.200 euros para a redacción do proxecto e a dirección da obra.

O Concello de Vilamarín acometerá a renovación das instalacións de iluminación pública dos lugares de A Pena, A Pica, A Ría, As Quintas, Belcrime, Cristoble e O Malladoiro. Esta obra está cofinanciada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). O Concello vén de acometer un contrato menor por 12.200 euros para a redacción do proxecto e a dirección da obra.

Non será a única obra de renovación do alumeado que se acometa, xa que hai só dúas semanas adxudicouse outro proxecto para renovar a iluminación nos núcleos de Bainte, Cibrán, Marcelle, Delvezón, Pazos de Monte, Regueiros, San Martiño e Estrumil, e outro para a renovación da luminaria en As Ouxeas, Reguengo, Fondo de Vila, Boimorto, Borulfe, Crecedur, Parada, Regueira Grande, Rozadas, Gosende, Cazarrande, Figueiredo e Coto. 

Te puede interesar