Ribadavia acolle dous cursos de alfabetización dixital ata xuño

O departamento de Servizos Sociais de Ribadavia organiza dous cursos de alfabetización dixital, que se impartirán dende o 21 de maio ata o 14 de xuño na Casa da Cultura. O horario será entre as 10,00 e as 11,30 horas, e o número de matriculados será de sete persoas en cada un dos cursos.
Están dirixidos á persoas con distintas problemáticas de orden social (desestructuración familiar, parados de longa duración, entroutros) que reciban ou foran susceptibles de obter unha axuda económica de integración social (paro, axuda familiar ou a Renda de Integración Social de Galicia), e a poboación en xeral. Os contidos serán eminentemente prácticos, para persoas cun nivel de iniciación ou nivel básico.

Te puede interesar