Roberto Mera: “Alejandro Viana é un esquecido que arriscou súa vida polos demais”
Alejandro Viana foi un empresario e político de Ponteareas de inicios do século XX e unha das figuras máis importantes do exilio español trala Guerra Civil do 36. Un esquecido da historia que o seu sobriño-bisneto, Roberto Mera, tenta dar a coñecer a través dun libro biográfico deste persoeiro, titulado “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos” e presentado onte na cidade, que axudou a máis de 15.000 persoas a escapar do réxime franquista. Antes do estoupido do conflito bélico, presidiu multitude de organismos empresariais e políticos como a presidencia dos conserveiros de Vigo, fundador do Ateneo, tenente de alcalde de Vigo e deputado no Congreso.
Neste repaso biográfico, trata sobre todo a vida tralo golpe de Estado do 36.
Aínda que o traballo é de toda a súa vida, só publico a partir do ano 36, aínda que se dan certas pinceladas de quen era antes dese momento, no que xa tiña 60 anos. A partir dese ano nunca volve á súa cidade e inicia unha vida que o leva a Francia e por último a México. O máis relevante que fixo foi que se puxo á fronte dun servizo que axudou a milleiros de refuxiados a escapar a Francia. Ademais, tamén fletou numerosos barcos para axudar aos que máis risco corrían. É unha das figuras máis relevantes do exilio español.
Pero, a súa travesía tampouco foi doada.
Está documentado que a Gestapo e a Falange intentaron secuestralo. Tivo que esconderse moitos meses en Francia e, cando logrou embarcar en Marsella, estaba previsto que tardaran 15 días en chegar a Bos Aires, pero complicouse ata ter que estar un ano vivindo nun barco na costa de África. Despois de meses entre Dakar e Casablanca, consigue chegar a México.
Sempre puxo aos demais por diante del mesmo?
El puido marchar moito antes, coma fixeron outros dirixentes, porque consideraba que a súa obriga era continuar axudando aos refuxiados mentres puidera.
Cre que debería ser unha figura máis recoñecida?
Isto non é unha demostración máis da anomalía que supuxo o paso da ditadura en España, que fai esquecer a estes persoeiros, que se se rescatan ás veces é por pura casualidade. Creo que debería recoñecerse moito máis a estas figuras que deron a súa vida polos demais.
Por que recomendaría á xente que coñecese a Alejandro Viana a través do seu libro?
Porque se sorprenderán coa súa vida e co heroísmo que demostrou no seu momento. Ademais, poderán achegarse á historia do exilio e ser consciente da relevancia deste feito histórico na nosa historia e tamén porque creo que pode ser un referente de valores para a vida diaria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo, 1 de febrero
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XIV)
Galería | Por favor no moleste
Lo último
VÍAS DE NEGOCIO
El Campus de Ourense impulsa al alumnado a emprender
TERCERA FEDERACIÓN
Sidi, jugador del CD Barco: “Ahora somos un bloque”
FUTBOL SALA FEMENINO
Melli, jugadora del Ourense Ontime: “Somos ambiciosas”