ÁREA METROPOLITANA

O Sergas asina 
o contrato para o centro de saúde da Valenzá

O equipamento estará cofinanciado ao oitenta por cento polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Lourdes Vilachán, directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, asinou onte con Martín Isauro, representante da UTE Extraco Misturas, o contrato para a construción dun centro de saúde en Valenzá-Barbadás. O equipamento estará cofinanciado ao oitenta por cento polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Nun comunicado posterior ao acto no edificio do departamento en Ourense, a Consellería de Sanidade informou de que o importe da obra é de 3.087.114 euros e o prazo de execución será de 11 meses.

A consellería sinala que o centro disporá dun área de medicina con cinco consultas de medicina xeral, cinco de enfermería, unha consulta de matronas, outra de odontólogo, dúas de pediatría, e unha de atención urxente entre outros servizos.

Te puede interesar