ÚLTIMA JORNADA
3.200 consultas anuladas por la huelga de médicos en Ourense
Simone Saibene conduce Cinephilia, o espazo adicado ó cine de Noveolas Producciones e Telemiño. Foi galardoado onte na categoría de mellor programa, repetindo a estatuíña que conseguira en 2021. Era o terceiro ano no que Cinephilia aspiraba a facerse cun galardón na gala dos Premios Mestre Mateo, con tres candidaturas: mellor programa, mellor realización e mellor comunicador. Finalmente recuncou, sumando un novo éxito tras 181 programas que se levan emitindo dende o ano 2019.
Parabéns! Como o recibe?
Moi contento, moi agradecido ós académicos e ás académicas. É a segunda vez que se confirma Cinephilia como programa gañador.
É o terceiro ano no que Cinephilia é finalista.
É o terceiro ano e ademais gañamos o primeiro ano como mellor programa. Como comunicador estiven nomeado xa tres anos, e este ano xa como realizador tamén. Como realizador gañei o ano pasado o premio Crea. É unha satisfacción máis.
Esperaba gañar un novo premio Mestre Mateo?
Non. Xa é complicado entrar entre os finalistas. Estamos falando de máis de 30 programas que teñen unha visibilidade e un orzamento moito maior con respecto ó noso. Sempre estamos facendo un programa de resistencia cultural, dende a periferia. Si que é verdade que en Ourense se ve, a través de R Televisión pode verse en toda Galicia, tamén en Youtube… Pero sobre o papel non podemos competir coas grandes producións. Con todo, seguimos estando aí. Entrar entre os finalistas é unha cousa enorme, estar en tres categorías aínda máis, gañar xa é a máxima das satisfaccións… e repetir! É dobre satisfacción, o inesperado, é gañar o imposible.
Esta noite foi a festa do cine ourensán, unha reivindicación do que se está a facer na provincia.
O ano pasado bateuse o récord de gravacións na provincia de Ourense. Iso xa é un feito histórico. Logo, que algunhas desas películas estean nomeadas a esta edición dos Mestre Mateo é outro aspecto que hai que valorar de forma positiva. E o feito de organizar os Mestre Mateo en Ourense, que non sexan sempre na Coruña ou en Santiago, é a coroación dun percorrido que comezou xa hai tempo aquí. É moi positivo.
Que lle queda por lograr?
Teño tanta satisfacción de ter gañado un premio en Ourense, a miña sociedade de adopción, que para estar satisfeito no meu percorrido persoal só me queda que me dean un premio de cidadán de adopción, de ourensán de pura cepa (ri).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ÚLTIMA JORNADA
3.200 consultas anuladas por la huelga de médicos en Ourense
UN HELICÓPTERO MEDICALIZADO
Un herido tras ceder el suelo de su vivienda en Castro Caldelas
INVADIÓ EL CARRIL CONTRARIO
Condenada tras provocar un accidente en Ourense cuando iba drogada
ESTE VIERNES, ÚLTIMA JORNADA
La huelga médica ya afecta a más de 2.300 ourensanos
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
RESTABLECER LA NORMALIDAD
Clemente González: “Para San Vicente é necesario un proxecto de pobo”
DESFILE ESCOLAR
Los escolares animaron plazas y rúas en Celanova