O sobranceiro neogótico de Sabucedo de Montes
ARTE ET ALIA
O arquitecto diocesano Daniel Vázquez certificara en maio de 1916 que podía dedicarse ao culto, e o 12 de outubro de 1918 o arcipreste eclesiástico, como delegado do bispo Ilundáin y Esteban, presidiu os solemnes actos de bendición
Son cen os anos andados dende que esta igrexa obtivo o permiso de habitabilidade. O arquitecto diocesano Daniel Vázquez certificara en maio de 1916 que podía dedicarse ao culto, e o 12 de outubro de 1918 o arcipreste eclesiástico, como delegado do bispo Ilundáin y Esteban, presidiu os solemnes actos de bendición. O notable desta nova igrexa do rural ourensán é... a propia igrexa, levantada dende a munificencia sen par do doutor Juan Bautista Casas González, natural do lugar. Este persoeiro había nacido aquí o 10 de xullo de 1859, e falecido en 1913, a piques do remate. Mais o benemérito mecenas, xa moi enfermo, puido subir ao cumio da torre o dezanove de xuño dese ano e, abrazándose á cruz que a remata, para despedirse dela e da súa querida terra. Cóengo da Catedral de Ourense, foi Mestrescola dela e ademais provisor e vicario xeral; e con anterioridade gobernador eclesiástico de La Habana, Cuba. No medio civil, polos seus méritos, membro da Comisión de Monumentos de Ourense e correspondente da Real Academia de Historia. José, o seu irmán continuou a empresa até concluíla.
A igrexa sobresae no entorno, levantada nunha finca mercada ao efecto e sita algo máis arriba da vella igrexa, demolida pola diocese. O plano está firmado con Juan Bautista Lázaro de Diego o día de noiteboa de 1898. Este era un arquitecto ao que o P. Casas coñecera cando estivera en Astorga. As obras de Sabucedo foron levadas a cabo polo mestre local Manuel Amor Fernández en 1900 e José Pintos dende 1907, quen seguirá coas obras até o remate. O gran edificio ten unha nave, cruceiro destacado e cabeceira poligonal con un corpo baixo posterior a modo de deambulatorio. Os arcos apuntados, de fiestras e bóvedas, cuatripartitas, e principalmente os seis nervos da cabeceira, a partir dunha clave central, fan dela un edificio principal. Lázaro de Diego, foi un arquitecto historicista, que se inspirou no estilo do Gótico, na baixa Idade Media. E como discípulo de Federico Aparici e Juan de Madrazo, coñecidos arquitectos medievalistas. Nunha rota turística do neogótico local, formaría coas igrexas do Santo Ángel no Couto e de Santiago das Caldas un terceto senlleiro pola súa localización e calidade.
Con esta última pode competir no que atinxe ao seu retablo maior, pois a ambas úneas o artífice dos seus retablos maiores: o gran Maximino Magariños, quen os fixo no seu obradoiro de Santiago de Compostela. O de Sabucedo, firmado e datado en 1915, non loce dourado como o da parroquial de As Caldas pois quedou en branco; mais é unha obra de gran empeño e mérito, de cinco rúas e entrerrúas, dous corpos e remate, e as tallas das tres principais baixo doseis. Na central destaca o grupo do Pilar e a Trindade. E na capela dos fundadores o Cristo. As vidrieras son da man de Chema Dapena e o empeño do culto cura José Ramón Jorge, fai uns anos. Aquel día 12 de 1918 caera en sábado, Fiesta Nacional por vez primeira, pola lei de Antonio Maura. Que sexa pois unha feliz conmemoración.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
BAJÓN EN EL COMERCIO EXTERIOR
El caos arancelario de Trump le cuesta seis millones al comercio ourensano en exportaciones
Lo último
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
La guerra
LA SONRISA DE PUXEDO
Galería | La ourensana Remedios Cabanelas cumple 101 años
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Ley del descanso dominical
MULTAS DE 1.500 EUROS
El abandono de fincas en Valdeorras causó 680 expedientes desde 2024