Solidariedade e actividades infantís e musicais para un Nadal inesquecible en Ourense

Decoración de Nadal na Praza Maior de Xinzo.
photo_camera Decoración de Nadal na Praza Maior de Xinzo.
Os concellos de Xinzo de Limia, Sandiás e Bande contan cun completo programa de actos de Navidad para todos os públicos

O Nadal xa se respira nos concellos da provincia. As diferentes localidades programan os seus eventos que espallan a ilusión entre todos os veciños.

Na comarca da Limia, o concello de Xinzo xa ten o seu programa que comeza o domingo 17 e que se prolongará ata o 7 de xaneiro. Aínda que xa o sábado haberá unha bonita antesala coa Gala de Nadal do Colectivo Danzón. Ao día seguinte, o domingo 17, haberá unha Xuntanza Baby de Baloncesto Infantil (10,00 horas, Pavillón Municipal).  A A.C. Teatro Aneis tamén terá a súa gala de Nadal este mesmo día (17,30 horas) no Auditorio da Casa da Cultura “Ángel Cocho”. 

Para o 19 están previstos os concertos de Nadal do Grao Elemental do Conservatorio de Música (CMUS) no Auditorio da Casa da Cultura “Ángel Cocho” e ao día seguinte, a exhibición de Nadal de Capoeira no pavillón, así como os concertos de Nadal do Grao Profesional do CMUS.

O resto das agrupacións do conservatorio ofrecerán un especial concerto de Nadal o día 21 na Praza Maior de Xinzo (18,00 horas) das agrupacións do CMUS. 

As actividades deportivas tamén teñen o seu espazo cun torneo 3x3 Sub-15 Base de Baloncesto, o día 22 mentres que o 23 será en categoría sénior.

O día 22, a Escola de Música da Limia ofrecerá un concerto de Nadal no Auditorio Casa da Cultura. 

Un dos momentos máis esperados polos nenos será a  Agrocabalgata de Nadal e visita de Papá Noel, o 23 de decembro.

Despois da Navidad, as actividades non paran. O 26 de decembro, Mini Torneo de Nadal de Fútbol sala, Xogos Infantís e Cantos e Contos de Nadal, XabaRace e Tributo a “O Rey León”. O 28, Animación Infantil con Superpandi e Gala do Deporte, Torneo Solidario de Fútbol sala Infantil, Gala da Cultura e Concerto de Cherry Sweet. O 30, Torneo Solidario de Fútbol sala Sénior, Obradoiro Infantil e  Tributo a Joaquín Sabina.

O 31, badaladas de pre-fin de ano cun grupo musical. O 2 de xaneiro, música infantil con Pintura Semifusa Dúo e concerto de Aninovo da Agrupación Musical da Limia. O 3 de xaneiro, humor e acrobacias con Tom e Son de Nadal. Ao día seguinte, acrobacias e circo con CircoActiva. E o 5, a tradicional visita dos Reis Magos de Oriente.

Ademais, haberá a exposición “Abrandares: símbolo do rural da Escola Rural de Saúde da Limia“ na Casa da Cultura e Limialandia no Pavillón de Deportes.

Sandiás

Decoración tradicional en Sandiás.
Decoración tradicional en Sandiás.

Sandiás terá este Nadal unha programación de actividades para todos os públicos. Desenvolveranse seis temáticas propias destas festas: ambientación ou decoración, festa para os máis pequenos, música de cámara, maxia, recuperación de tradicións como os Reis Meigos e Cantar os Reis, a quinta campaña de solidariedade e o Festival co grupo Priscila.

En relación coa ambientación e decoración volve á casa do concello, a casa, o tren, os coellos, cervos, a ponte, o pescador e a presenza da torre do Castro, emblema simbólico do concello. A decoración abarcará tamén ás 18 aldeas do concello con pequenos pero significativos motivos do Nadal que acendan a maxia e a ilusión dos veciños nestas festas. O material será como sempre de baixo custo e con material reciclado modelado de maneira entusiasta polas brigadas do concello e a axuda de veciños. A festa para os máis pequenos estará protagonizada polo alumnado do Ceip de Sandiás e os máis pequenos do Punto de Atención á Infancia (PAI)  o venres 22 de decembro. Non podía faltar nestas festas un espectáculo de maxia (“Un día máxico”) protagonizado polo mago e ilusionista Mago Albert o venres 29. A visita dos Reis Meigos aos máis pequenos será o venres 5.

Te puede interesar