ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
TERMALISMO
A Deputación de Ourense abrirá o prazo de solicitudes do programa de Termalismo Social 2025 o próximo 28 de xaneiro, ofertando nos balnearios da provincia un total de 92 quendas de estancias termais desde febreiro ata novembro.
A principal novidade este ano será o “Termalismo Azul”, modalidade que pretende potenciar as contornas dos balnearios como espazos xeradores de benestar emocional, propiciando a aprendizaxe e adquisición de hábitos de vida para lograr unha lonxevidade saudable.
O “Termalismo Azul” engadirá ás estancias en réxime de pensión completa e ás técnicas termais un menú especial deseñado por nutricionistas utilizando como base produtos autóctonos con Indicación Xeográfica Protexida (IXP), Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) ou de provedores locais con selo Galicia Calidade.
O menú especial do “Termalismo Azul” basearase na combinación de alimentos con propiedades antiinflamatorias, antioxidantes e anticanceríxenas que fan fronte ás máis importantes enfermidades crónicas, entre elas as enfermidades cardiovasculares.
En 2025, a Deputación tamén agarda que se incorporen de xeito inmediato ao programa de Termalismo Social os balnearios de Allariz, próximo a completar todos os seus trámites como como centro termal, e o de Berán (Leiro), unha vez saia a concurso público a súa xestión.
Ademais, principios de marzo o balneario de Arnoia xa ofrecerá quendas para os diferentes plans de estancias e, incorporará por primeira vez o “termalismo contra a soidade non desexada”, o que permitirá ampliar o número de quendas e participantes nesta modalidade.
O ano pasado dezaseis entidades asinaron convenios coa Deputación para que, a través dos seus servizos sociais, as persoas maiores que viven soas accederan a terapias termais grupais todas as semanas durante en períodos de 7 a 9 meses.
A modalidade que ano tras ano concentra un maior número de solicitudes é a de estancias termais de 6 días (5 noites) en réxime de pensión completa, 10 técnicas termais, consulta médica voluntaria e acceso ás piscinas de auga mineromedicinal termal.
Abrirase o 17 de febreiro, data que fixou o balneario de Laias para a primeira quenda. Xa en marzo sumaranse á oferta os balnearios de Arnoia, Partovia e Lobios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
CONSTRUCCIÓN Y REFORMAS
Apertura de un nuevo Obramat y Burger King en Ourense: fechas, ubicación y detalles
RÉCORD HISTÓRICO DE VOLUNTADES
Los testamentos vitales se duplican en Ourense durante el último año hasta superar los 500
Lo último