Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
ENTREVISTA | VIDA
Cando aparece a idea de poñerlle música aos seus versos?
Nunca concebín a poesía sen a música, sen a pintura, sen a fotografía... É dicir, a poesía non deixa de ser unha arte máis que necesita das outras. Como podes facer unha canción sen un poema? Non hai canción. Como podes facer un poema sen música? Non hai. Cando estás creando o teu poema estás recitando, e iso trae consigo unha cadencia, un ritmo. Para min vai todo collido da man, eu non sei coller un micro e recitar un poema meu sen música de fondo. Todo vén xunto, non son cousas ailladas.
Que novidades trae "Instances"?
Tiña ganas de facer algo totalmente diferente ao que levaba feito, quería fapostar por algo novo, reinventarme. Para empezar, decidín volver a escribir en inglés, que deixara aparcado un tempo."Instances" xorde da emerxencia, da rapidez. É unha serie de poemas "da urxencia" e "do inmediato" motivados pola forma de comunicarnos hoxe en día. Queremos algo que chegue no momento, agora, xa. Por iso son composicións dunha microfrase ou frase e media que gardan toda a forza do que quero dicir.
Foi difícil sintetizar en poucas palabras a mensaxe que quere trasmitir?
Non, foi tremendamente sinxelo, quizais porque o meu carácter é así tamén. Non son desas persoas que traballa os poemas, saen así e como saen van, e se non serven non os vou traballar máis. Ten que pasar o meu filtro, se me gusta, para adiante.
Por que escolleu a Daniel Soldevilla e Punxta González para formar parte do proxecto?
Unha vez que estaba probando cousas novas, quixen tamén traballar con xente totalmente allea a min. Foi moi fácil, é dicir, no momento no que ti plantexas algo e as persoas teñen ganas de traballar, de experimentar e de facer cousas novas, todo funciona. Conectamos moi rápido os tres, a verdade é que temos un "feeling" moi bó e pasámolo moi ben xuntos.
A visión de dous músicos alleos á poesía enriquece o seu traballo?
Claramente! Ás veces cústame ter os pés no chan, e preciso a alguén ao meu lado que me baixe e que cando o pense me diga "isto non se entende así como o entendes ti". Aínda que no noso espectáculo se metan moitos sons que me gustan a mí, tamén acabo dándolles a razón nos cambios que propoñen e vendo as cousas doutro xeito.
Como son os recitais de Rochi Nóvoa?
Non son recitais ao uso, e este, moitísimo menos. É poesía, pero non, é música, pero tampouco é só iso. Ademais, cada un é distinto, sae no momento. Eu sempre digo que o mellor forma de saber o que pasa é vir a vernos. O arranque de "Instances" foi moi chulo, na Galleira en Ourense. Había xente que non nos coñecía de nada e que saiu encantada.
Cales son as súas próximas datas?
En Redondela o próximo venres, Santiago de Compostela o sábado e a fin de semana seguinte estamos no Umpalumpa, en Maceda, onde presentarei tamén as miñas pinturas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
FÚTBOL SALA FEMENINO
El Ontime vuelve a la liga listo para estrenarse fuera
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas