O mal tempo resta público ás celebracións da difusión da cultura popular galega no Raigame

Vilanova vístese de época

Un dos grupos de baile chegados dende Portugal que onte participou da festa amenizando as rúas e prazas do Burgo Medieval. (Foto: José Paz)
Artesáns, agrupacións musicais, xigantes e cabezudos animaron onte as rúas de Vilanova dos Infantes na celebración da ‘VIII edición da Romería Etnográfica Raigame’. O mal tempo que fixo en toda a comunidade e que apenas se notou no Burgo Medieval, si que influiu na participación, a máis escasa dos últimos anos.
O pobo de Celanova non faltou onte a exaltación das romerías dos anos 20 que, cada ano co gallo do Día das Letras Galegas, se representa en Vilanova dos Infantes. O tempo impediu repetir os milleiros de persoas de anos anteriores, cunha amenaza de choiva que apenas se fixo sentir no Burgo Medieval, pero que freou a afluencia de visitantes do resto de Galicia. ‘Houbo xente de Vigo que chamou para preguntar polo tempo porque alí facía malo, pero aquí ata vimos uns poucos raios de sol’, bromeaba un grupo de artesáns. Dende as once da mañá, ducias de rapaces celanovenses comenzaron a súa peregrinaxe ata a romería. ‘Facémolo tódolos anos’, aseguraban os xóvenes durante o percorrido de apenas dous kilómetros e medio que separan ambos núcleos. A súa chegada, Vilanova xa era unha festa. Máis de 40 agrupacións musicais e de ambientación de toda Galicia, ataviados con traxes da época, foron os encargados de amenizar as longas e estreitas rúas do Burgo Medieval. Os cantares das mulleres da Bola á porta da Adega de San Vivián, a danza das Espadas dos bailaríns de Marín ou os pasarrúas do rei e a raíña (xigantes de cartón protagonistas das festas na vila de San Rosendo), animaban ós visitantes. Entre eles, o ‘cego peregrino’, quen fixo unha parada no seu andar ata Compostela para gañar os aplausos de grandes e pequenos co seu relato sobre ‘O cura e a criada’.

Antigos oficios

A olería tradicional foi o oficio destacado deste ano, cunha mostra-mercado que encheu a Praza do Balcón con artesáns do gremio chegados das catro principais olerías galegas aínda activas hoxe (Niñodaguia, Buño, Bonxe e Gundivós), máis os chegados dende Portugal (Aveiro e Coimbra) e localidades da península como Moveros de Alistre (Zamora) e Guadix (Granada). Aínda que, nesta exaltacións dos antigos oficios non faltaron os cesteiros, zoqueiros, canteiros, panadeiros, fiandeiras ou palilleiras, nas prazas da Igrexa, Arrabaldo e na Praza Maior.

Conxuntamente cos amantes das antigüedades, para os cales este ano incorporaronse media ducia de postos nun mercado a beira da carretera de Celanova, especial protagonismo tiveron os nenos. Os cativos poideron disfrutar ca elaboración de xoguetes de madeira, como flautas ou silvatos, boliños de pan ou postres de chocolate. ‘Ao principio teñen algo de vergoña, pero enseguida a perden e divírtense elaborando algo que despois van comer’, confesaba Carmen, responsable do obradoiro de chocolate organizado pola Asociación Cultural As Ortigas.

Ademais de na rúa, a festa tamén estaba nos locais ‘cedidos’ polos veciños. Alí podíanse encontrar dende talleres de costura como o da Asociacións Maravalla e Ilduara de Celanova, ata a representación dunha antiga vivenda galega. Sin esquecer as típicas tabernas onde se degustaron dende porco ao espeto ata bocadillos de chourizo, xabarín ou criollo, con doces típicos como filloas, rosquillas, bica e moito licor café.

Entre posto e posto, ducias de cámaras de fotos, das cales sairá o gañador do certame fotográfico convocado por Raigame. O prazo para a presentación dos traballos, incluido o de investigación, remata o 31 de xullo.


Te puede interesar