Os Xardíns de Ourense- Pradería dos Salesianos

 (Foto:   )
Os espacios axardinados que existen en todas as vilas e cidades teñen diferentes funcións pero, dende sempre, a súa utilidade ven definida polo seu carácter tanto lúdico como de lecer, sen esquecer, por outra parte, a importancia como lugar, punto de reunión ou centro de encontro dos propios cidadáns.

Un espacio verde constitúe un elemento singular, natural, limitado e perecedoiro, sendo en moitos casos insubstituíble como espacio con personalidade propia e véndose sometido a un proceso de desenrolo, xurdido dunha verdadeira historia dende o momento do seu propio nacemento, a lóxica evolución, cambio ou mutación que, de xeito indubidable, reflicte ou reflectiu a situación real dunha sociedade que no seu día o creou e delimitou.

O coñecido popularmente como Parque Canino ou Pradería dos Salesianos é un espacio verde irregular duns 7.025 metros cadrados que sitúa os seus límites entre a Ponte Romana, a avenida da Ribeira Sacra, o muro do colexio dos Salesiano mailo xardíns de Don Bosco.
O soporte vexetal herbáceo conxuntamente cas especies arbóreas existentes neste recinto constitúen os elementos máis importantes que compoñen este singular espacio de recreo, solaz e expansión do mellor amigo do home: o can. Por outra banda o escaso pero acertado mobiliario existente se adapta á función práctica do recinto e o complementa.

Un importante elemento neste tipo de parque que resulta imprescindible para o sostemento racional do importante elemento vexetal existente o constitúe o rego que permite a pervivencia e coexistencia harmoniosa de diversas especies, co resultado dun acentuado contraste cromático que presentan, por unha banda, as follas das árbores, fundamentalmente plátanos, cedros e chopos, maila verde coloración da propia herba existente no chan.

A hora da creación dun espacio verde destas características precísase a perfecta identificación e selección do lugar máis axeitado, o estudio previo polo miúdo dos verdadeiros valores existentes na zona seleccionada ademais daqueloutros potenciais, tanto de carácter social como ecolóxicos, do mesmo.

O mantemento axeitado da obra conxuntamente cas medidas hixiénicas, tanto no aspecto da poda de árbores e arbustos, a herba existente, sen esquecer aqueloutros tan fundamentais e necesarios como as pías para a bebida dos seus usuarios, ademais dun doado acceso ó recinto, resulta fundamental nestes espazos ou recintos destinados á expansión dos cans mailos seus propietarios. Por outra banda, resulta fundamental a concienciación e respecto polos seus usuarios, dado que, a fin de conta, son eles os maiormente o beneficiados.


Os datos
-Data da creación do parque: Ano 2000.
-Extensión: 7.025 m2
-Especies actuais: Plátanos, cedros e chopos, estes últimos tendentes á súa eliminación pola creación de penuxe.
-Servicios: Elementos de adestramento para cans e fonte-bebedoiro.

Te puede interesar