Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Xesús Vázquez Abad: ‘Hai que buscar futuro ó Campus de Ourense, é o único que non ten titulacións exclusivas’

Xesús Vázquez, sentado nun banco do Campus, ante a Biblioteca Central. (Foto: Xesús Fariñas)
Recén chegado do Congreso dos Deputados cara a Consellería de Educación da Xunta, Xesús Vázquez Abad recoñece que son moitos os asuntos sobre a mesa pero amósase disposto a traballar 24 horas cada día perante toda a semana, como lle dixo xa a Feijóo. Vázquez, que di ser máis profesor ca político, pensa que ésta é unha actividad circunstancial ou temporal porque o seu desexo e xubilarse como docente.
Acaba de chegar e xa ten sobre a mesa cuestións como as oposicións no ensino, o bilingüismo, galescolas, ... Demasiadas cousas para empezar, non?

E aínda hai moitas máis sobre as que traballar, non esqueza a elección de directores, análise de presupostos, gratuitade dos libros, Plan Bolonia, etcétera.

Indica eso que lle caeu un bó ‘marrón’?


Non, as responsabilidades grandes son as máis codiciadas, é un reto. Espérase moito da Consellería e, dende logo, ten que dar moito de si. Pense que é a maior empresa, por traballadores, de toda Galicia e tamén era unha prioridade no programa electoral de Feijóo.

Citaba o Plan Bolonia na axenda do seu departamento, pero está vostede dacordo con esta reforma universitaria?

Bolonia si, filosofía si pero non a forma en que o levou a cabo o Goberno central nestes cinco anos. De feito, acaba de recibir un tirón de orellas polo retraso. Ninguén pode estar en contra de Bolonia porque o alumnado pasa a ser o centro do sistema e o Goberno non soubo nin informar nin integrar ós colectvos da universidade nesta filosofía. Bolonia só di prácticamente dúas cousas: unha maior empleabilidade e que o sistema de educación superior sexa polo de atracción de xente de terceiros de países. Houbo catro ministros en cinco anos, co que nos espera unha cuarta interpretación de Bolonia, e eso non pode ser.

Que vai facer a súa Consellería nese ámbito?


O noso papel é de axuda. A data de 2010-2011 supón unha nova era na universidade e esa é a mentalidade que debemos ter e asumir, esa data supón un comenzo irreversible e o gran beneficiado é o alumnado. Críticas como que será unha universidade para ricos é un dos mitos que levantaron como consecuencia desa mala información.

No seu mandato abrirase o mapa de titulacións universitarias, cal vai ser a súa filosofía neste asunto?

Aínda é moi cedo. Pero temos que tratar de crear un sistema universitario rico, eso significará falar do actual e haberá que pensar en que o que se faga terá que ser en termos de eficiencia e de pulo para a sociedade galega.

Como se abordará ese cri terio na Universidade de Vigo e no Campus de Ourense, en concreto?

Teremos que reunirnos con tódolos rectores e supoño que atoparán cun Xesús Vázquez que é de Ourense.

Eso que significa?


Non é unha ameaza, nunca, pero hai que buscarlle futuro ó Campus de Ourense. É o da terceira cidade de Galicia e o único que non ten titulacións exclusivas. Eso é unha realidade e a partires de aí, hai que traballar en termos de eficiencia e com prensión e sabendo que tódalas universidades teñen moito que dicir neste proceso, planificado para 2011.

Destacou estes días a importancia da Formación Profesional, como orientala cara o emprego?

Hai que profundizar no enfoque que se lle diu estes anos. A Formación Profesional é unha boa forma de acceder a un posto de traballo, moitas veces ben remunerado e hai que traballar aí, cunha FP máis perto da clase empresarial e da realidade económica e que facilite a incorporación dos seus alumnos a un mercado laboral nunhas condicións que, ademais, permitan seguir o estudio e mellorar no tempo. A verdade e que teño o responsable da FP que máis sabe de toda España e confío nel e tamén no resto do equipo, aínda que somos só, polo de agora, catro persoas.

Catro persoas, físicamente?


Si, físicamente catro.


Vai derogar o modelo de bilingüismo na educación, como facelo entender a todos?


Eu só lle pido á xente que non esté dacordo que fale connosco, que nos dé as súas razóns e nós explicarémoslle as nosas. O que tentaremos é chegar a un acordo o máis maioritario posible, tendo en conta que cando o noso presidente dixo que o derogaría, contou cun apoio maioritario. Eso si, o que poden esperar desta Consellería é un respeto cara as dúas linguas que conforman parte do noso patrimonio.

Que xestión da anterior conselleira vai eliminar? Todo?


Non, a idea é chegar a unha Ley de Educación por consenso e eso abrangue cousas moi aproveitables pero tamén teremos que innovar. Pero pense que a xente está cansada de cambios drásticos, e eso entendeuno perfectamente o noso presidente; anteriormente houbo unha imposición que non gustou, e a sociedade opinou.

Como combatir o fracaso escolar?

Galicia non é das comunidades peores pero pódense introducir pequenas cuestións que incidan no fortalecemento do propio papel do profesorado y hai que saber como se perciben por parte do alumno a formas de estudo.

Que opina da asignatura Educación para a Cidadanía?


Non me opoño pero penso que intentaron facer dela algo que é unha causa perdida. Os valores non se aprenden en tres horas de clase, senon na familia, entre os amigos.

Ata qué punto é preocupante a violencia na escola en Galicia?


Non se deben mitificar estas cousas. Prefiro pensar que de momento son cuestións puntuais pero debemos plantexar medidas preventivas co obxecto de evitar que esto empece. E onde se ten que actuar primeiramente é na familia.

Votaría a favor da ampliación da lei do aborto?


Votaría en contra pero respeto as decisión das persoas, de todo corazón. Pero teño un afán neste senso algo paternalista e un xeito de pensar que me leva a dicir que é vida e non se debe destruido.

Se fose presidente do Goberno, mantería os matrimonios homosexuais?


Si os mantería, si. Só fastidiaría que eu dixese que non.


Que lle esixe Feijóo?


Moito esforzo, falo con el varias veces ó día.


Que presión.


Para nada, encántame o xeito que ten de manexar as formas. É unha persoa que motiva e aplaude, e tamén sabe dicir as cousas.

Como foi o seu fichaxe?


Dixéronme: mañá quere falar contido o presidente.


Xa suporía para que.


Si e non. Preguntoume que pensaba eu das razóns da chamada, fíxome unhas preguntas de educación e díxome se estaba disposto a traballar 24 horas ó día os sete días da semana e que podía aportar, e dinlle as miñas respostas con sinceridade. Pasaron uns días e aquel sábado recibín a chamada de Feijóo e Baltar.

Quen o fichou para o Congreso?


A min chamoume o presidente provincial.


Enrique Nóvoa di que foi el quen se fixou en vostede.


Chamoume o presidente provincial.


E vostede moi diplomático.


Nóvoa é un gran amigo, unha persoa que será un bo alcalde desta cidade porque a adora.

EN PRIVADO: ‘Son mais profesor que político’


É político ou profesor?


Profesor.


Que fai entón en política?


Porque sempre me gustou, aínda que non sabía que ía adoptar esta postura de exercela tan directamente.

Quen ven sendo o seu modelo ideal de político?


E que é facerlle a pelota. Núñez gústame pero tamén poría unha mistura entre o atrevemento (con educación) Sarkozy e a prudencia de Merkel.

Que fai cando non traballa?


Agora, só durmir e pouco, cinco horas. Levántome cada día ás sete menos cuarto, o tempo xusto para ducharme e tomar un actimel, porque ás sete e media recóllenme na casa. Gústame pasear, estar cos amigos, saír de viños en Ourense, andar os sábados pola mañá pola rúa do Paseo, ...

E que le?


Estoume obrigando a ler por segunda vez, en inglés, ‘El niño con el pijama de rayas’.

Que música escoita?


Moi variado. Se agora salgo, a música estórbame para charlar. Se estou na casa, oio autoras americanas como Areta Franklin, Celine Dion, Barbra Streissand. E se saio de noite, de festa, gústame a pachangada.

Sae entón de marcha.


Cada vez menos, prefiro estar cos amigos, cear, charlar.


Sedentario ou viaxeiro?


Viaxeiro e quero ir a China.


Non é vexetariano, claro.


Non pero comería só con froitas e legumes. Eso si, gústame todo, excepto as coles de Bruselas.

E cociña?


Si, pico aquí e pico alá. E na miña casa non se tira nada. Se sobra algo, experimento cunha lasaña ou estofado, e aínda me atrevo con postres.

Como se quere xubilar?


Como profesor, prefiro pensar que a política sempre é algo circunstancial.


Vexo que non fuma.


Hai catro anos que non, teño mais vicios pero ese non.


Te puede interesar