Xosé Manuel Merelles: "Ourense ten morto o seu gran recurso como é o termalismo"
CAFÉ DE REDACCIÓN
O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, protagonizou o Café de Redacción deste domingo.
O rués Xosé Manuel Merelles está a fronte dun dos sectores que máis esta a crecer en Galicia nos últimos anos, o turismo. A desestacionalización da actividade e o coidado do patrimonio natural da comunidade presentase como os principais obxectivos a seguir nos próximos anos para continuar con este crecemento do que a provincia de Ourense é partícipe.
Comecemos por esa Estratexia de Turismo de Galicia, aprobada recentemente pola Xunta, e que vai regular o sector nos vindeiros anos, que pasos a seguir marca esta folla de ruta?
É un plan que vai dende este ano ata o 2030 e no que se van mobilizar ata 1.000 millóns de euros de investimento público procedentes de todos os departamentos da Xunta de Galicia, xa que non hai que esquecer que o turismo é unha actividade moi transversal na que esta implicada todo o goberno galego. O obxectivo fundamental e que o turismo sexa dentro destes anos unha actividade cada vez máis sostible, tanto no ámbito ambiental como no social e o económico. Ademais queremos que siga sendo unha das fontes de riqueza máis importantes, como se aprecia na actualidade, para a comunidade autónoma e para todos os galegos.
A Xunta de Galicia conta con máis de 130 millóns de fondos europeos para avanzar na sostentabilidade turística, que plans se están levando a cabo neste sentido na provincia de Ourense?
Agora mesmo levamos mobilizados 22 millóns de euros na provincia de Ourense correspondentes a estes fondos. Neste sentido, temos que recordar os plans de enogastronomía que xa se están executando nas comarcas de Valdeorras e O Ribeiro e temos tamén plans de sostentabilidade turística para zonas que cada vez reciben máis visitantes como Allariz e a Ribeira Sacra.
Se miramos os datos do último verán, encontrámonos con que Ourense bateu récords tanto en pernoctacións hoteleiras como no número de visitantes. Porén, seguimos estando no vagón de cola a nivel autonómico e nacional.
Nos últimos 10 anos, a provincia de Ourense incrementou a súa actividade turística nunha porcentaxe moi elevada. É certo que a dinámica que ten agora tanto a cidade como a provincia son moi similares ás que rexistra o turismo en toda Galicia, que tenden a desestacionalizar esta actividade e a desconcentrala. Cada vez máis a lugares que non tiñan habitualmente un desenvolvemento turístico moi fundamentado, xa se están beneficiando das actividades turísticas, e por suposto dunha grande internacionalización, tanto ás cidades, debido fundamentalmente a esta mellora da conectividade coa capital e con outros territorios de España, así como as provincias, están a rexistrar uns valores turísticos internacionais moi importantes. Agora mesmo o turismo en Ourense, tanto na capital como na provincia é unha das actividades con máis proxección e máis futuro. Creo que estamos no bo camiño porque estamos a traballar nesa descentralización, poñendo en valor os grandes produtos e recursos que ten esta provincia como son a natureza, o patrimonio cultural e tamén a gastronomía. Cómpre salientar que Ourense conta con catro das cinco denominacións de orixe dos viños galegos, e que agora mesmo, esta é a segunda motivación para visitar a provincia.
O novo Plan Termal que o goberno galego está a piques de presentar debe ser fundamental para que Ourense poida saír dese vagón de cola. Como se está a estruturar?
Imos mobilizar ese fondos Next Generation dos que falábamos antes e Ourense coa gran presencia e desenvolvemento termal que ten seguro que lle vai tocar unha boa parte. Independentemente doutros investimentos que vaia mobilizar a Administración autonómica que van completar estas achegas a este plan, calculo que se poden mobilizar arredor de 15 millóns de euros para o gran sector termal galego, que non hai que esquecer que conta con 20 hoteis balneario e outras instalacións. É un sector bastante concentrado ao que un investimento destas características vaille permitir renovarse totalmente. Creo que desde a década dos 90 non se produciu unha concentración tan grande de investimento público para renovar e darlle valor de futuro ao sector termal en Galicia do que Ourense é una abandeirado.
O gran reclamo turístico de Galicia segue a ser o Camiño de Santiago. Aquí en Ourense temos a Vía da Prata que experimentou un gran crecemento no último ano.
Temos tamén o Camiño do Inverno que xunto coa Vía da Prata están medrando. En concreto, no que vai de ano, o Camiño de Inverno creceu un 44% en relación ao ano anterior, aínda que é certo que as cifras de peregrinos seguen sendo cativas e a Vía da Prata, que está dentro das rutas oficiais do Camiño de Santiago dende hai moitos anos, está medrando cerca dun 14% e esperamos que a finais de ano supere o 17-18%. Neste sentido teño que dicir que dende a Xunta de Galicia tamén estamos a traballar na desconcentración das diferentes rutas. Agora mesmo o Camiño Francés, que é a ruta máis transitada, recibe máis do 60% dos peregrinos, cando hai cinco anos era o 70%. O Camiño Portugués xunto co Camiño Portugués da Costa están medrado, agora mesmo rolda máis do 35% de todos os peregrinos. Como estas dúas rutas son as máis transitadas, estamos a traballar para facer outras vías, como neste caso a Vía da Prata sexan máis coñecidos e transitados. Nese sentido estamos a traballar coa Deputación de Ourense, que tamén conta cun plan independente para impulsar esta ruta en colaboración coa Deputación de Zamora. Tamén colaboramos coas comunidades autónomas de Andalucía, Extremadura e Castela e León. Esta mesma semana tivemos un encontro cunha asociación de peregrinos a cabalo e coa Federación Hípica Galega para que este camiño se especialice aínda máis en peregrinacións a cabalo.
O pleno do Consejo Jacobeo ratificou recentemente os beneficios fiscais para as empresas que presten apoio ao ano Xacobeo 2027. En que consiste esta medida?
Durante os próximos tres anos todas as empresas que queiran obter algún tipo de desgravación nos impostos que pagan, poden facelo. Teño que dicir que esta é unha medida que axuda a que os Xacobeos teñan un grande esplendor porque ás veces a administración sexa local ou central, non chega a todas as partes. Así que para celebrar eventos deste tipo necesitamos axuda de empresas privadas. Hai que lembrar que Xacobeo 21-22 participaron neste programa máis de 35 compañía e para a administración foi de grande axuda para desenvolver moitos programas de festivais, programas culturais e doutro tipo que nos levan a que a programación do Xacobeo sexa a máis completa posible en cada edición.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HUELGA SANITARIA
Más de 4.000 ourensanos, afectados por la huelga de médicos
PLAN PROVINCIAL DE LECTURA
La campaña provincial de lectura deja 261.000 euros en las librerías de Ourense
INCENDIO
Arde una casa en Rairo, Ourense
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 17 de diciembre
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
María Corina
FLAMENCO EN ESTADO PURO
El Centro Loyola de La Habana, escenario del III Festival del Flamenco
CRISIS EN EL PSDEG
José Tomé ofreció trabajo por sexo a la hija de una militante