A Xunta destina 120.000 euros a reformar unha igrexa en Toén

A igrexa pertence ao Catálogo do Patrimonio Cultual de Galicia

O delegado da Xunta, Gabriel Alén, anunciou onte a licitación das obras de restauración das cubertas das naves do cruceiro da Igrexa de San Pedro de Moreiras, no concello de Toén, no que a Consellería de Cultura investirá 119.645 euros. O prazo de execución para estos traballos é de catro meses.

As actuacións previstas que se desenvolverán nestas igrexa, ben pertencente ao Catálogo do Patrimonio Cultual de Galicia consistirán na limpeza e consolidación da coroación dos muros e realización de traballos de cantaría necesarios para o asento e fixación da nova estrutura; a montaxe do entramado estrutural  en madeira laminada de abeto de clase resistente; a colocación de panel illante con lámina impermeable ao auga e permeable ao vapor; nova tella cerámica curva, colocada con ganchos de aceiro inoxidable; a execución de canlóns de zinc, limas e baixantes.

Tamén se levará a cabo a realización dunha gabia perimetral con tubería drenante de diámetro 160mm; construíranse arquetas a pé de baixantes para recollida das augas pluviais, e farase unha conexión da rede drenante e recollida de pluviais á rede de saneamento existente augas abaixo

Te puede interesar