INFRAESTRUCTURAS

Obras de mellora no firme da estrada OU-312 en Beariz

1op8460_result
photo_camera La conselleira de infraestructuras, Ethel Blanco visita la obra finalizada en la carretera OU-212 a su paso por Beariz

O Goberno galego investiu máis de 250.000 euros nesta mellora

 A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co alcalde de Beariz, Manuel Prado, supervisaron as obras de mellora da seguridade viaria executadas na estrada OU-212, que comunica co núcleo da Ermida e co Concello de Beade, nas que o Goberno galego investiu máis de 250.000 euros.

A Xunta levou a cabo actuacións de reforzo de firme nun treito de 6 quilómetros, desde a travesía de Beariz ata o enlace coa estrada N-541. Estes traballos contaron cunha inversión de 157.000 euros. Nesta mesma estrada, no pasado mes de xaneiro tamén quedou finalizada a mellora localizada do firme nun treito de 2 quilómetros e medio, entre a saída de Beariz e a entrada a Liñares, xa no termo municipal de Avión.

Esta infraestrutura viaria, pero neste caso, xa no núcleo de Avión, entre a travesía desta localidade e a intersección coa estrada provincial, tamén foi obxecto dunhas obras de rehabilitación do firme e da mellora da sinalización. O obxectivo principal das obras está na mellora da seguridade viaria. 

Te puede interesar