CAMIÑO DE SANTIAGO

Xunta e Diputación, 
cos camiños a Santiago

uploaded_balti_result
photo_camera ámbiDe esquerda a dereita, Nava Castro, Manuel Baltar e Rafael Sánchez, na Deputación de Ourense

Haberá melloras nos trazados da Ruta da Prata e o Camiño de Inverno

A Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia dinamizarán os camiños de Santiago que discorren pola provincia de Ourense, coma a Ruta da Prata ou Mozárabe e o Camiño de Inverno, neste caso por Valdeorras.

Así o acordaron o presidente da Deputación provincial, Manuel Baltar, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na reunión que mantiveron no Pazo Provincial, na que tamén participou o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez.

No encontro, os tres tamén analizaron temas referidos aos ámbitos turístico e cultural da provincia, dende o estado do proceso para que a Ribeira Sacra poida ser patrimonio mundial ou o desenvolvemento do Plan termal e as súas medidas no ámbito estrictamente turístico.

Con todo, o tema central do encontro foi avaliar o estado das vías xacobeas na provincia ourensá así como aspectos referidos á sinalización, estado do firme, limpeza das contornas dos camiños e promoción dos mesmos.

Neste senso, o vindeiro 4 de novembro convocarase no Pazo de Vilamarín (propiedade da Deputación) aos alcaldes dos concellos polos que discorre a Vía da Prata para informarlles dos plans da Xunta, e noutra data posterior citaranse aos rexedores locais dos municipios do denominado Camiño de Inverno.

A Deputación de Ourense amosou a súa “dispoñibilidade máxima a colaborar na posta en valor dos camiños de Santiago que atravesan a nosa provincia e polos que transitan milleiros de peregrinos”, afirmou Manuel Baltar.

Te puede interesar