INFRAESTRUCTURAS

A estación intermodal de Ourense costará 3,4 millones

estación interm
photo_camera Unha imaxe do proxecto da estación intermodal de Ourense.

Feijóo destaca su compromiso con la infraestructura tras sacar a licitación el proyecto constructivo 

O Consello da Xunta de Galicia deu a coñecer un informe sobre o proxecto de integración da estación de autobuses de Ourense na terminal de ferrocarril. Unha actuación que se estima que suporá un investimento de 3,4 millóns de euros. O Goberno galego abriu o concurso público para a redacción do proxecto construtivo da nova terminal de autobuses.

A licitación do proxecto básico e de execución da estación de autobuses integrada na estación de ferrocarril de Ourense abriuse cun importe de preto de 148.000 euros e un prazo de 3 meses para o proxecto básico e de 6 meses para o total do proxecto construtivo, contando desde a sinatura do contrato.

A nova de estación de autobuses situaríase xunto á estación ferroviaria e detrás do centro de saúde. Segundo a análise dos estudos previos realizados pola Xunta de Galicia para avanzar na estación intermodal, a terminal de autobuses deberá contar con 16 dársenas e outras 3 adicionais de regulación. Ademais, construirase un edificio terminal duns 430 m2 e a superficie total chegará a 5.800 m2. Tanto a terminal como as dársenas contruiríanse ao nivel da rúa.

A Xunta prevé, así mesmo, a execución dun aparcadoiro en superficie, que contará con 241 prazas, 16 delas para persoas con mobilidade reducida.

Te puede interesar