UN POSIBLE HERIDO
Vídeo | Dos coches sufren una fuerte colisión en Velle
SERVIZOA SOCIAIS
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, desprazouse onte ata A Peroxa e Vilamarín. Na primeira localidade visitou, acompañada do alcalde, Manuel Seoane, a parcela onde se vai construír unha residencia de maiores cun investimento total por parte do Goberno galego de 1,2 millóns de euros. A continuación achegouse ata Vilamarín para revisar xunto ao rexidor do Concello, Amador Vázquez, o terreo onde se edificará un centro de maiores financiado integramente polo Goberno galego con 600.000 euros.
Na visita a estes concellos, a conselleira destacou o compromiso da Xunta de Galicia coa universalidade e a proximidade dos servizos públicos, “do berce ao bastón e ata o último recuncho de Galicia”. Un modelo de atención e coidados que na Peroxa e en Vilamarín se traduce “en medidas como o Bono Residencia, o Bono Coidado ou o Servizo de Axuda no Fogar, dos que se benefician veciños destas localidades”, sinalou.
Estas actuacións desenvólvense no marco do plan de investimentos de 18,5 millóns de euros co que o Goberno galego financia unha vintena de proxectos de construción, reforma ou ampliación de residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais que dependen dos diferentes concellos. Un plan que está acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e dotado con fondos europeos procedentes do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (NextGenerationEU).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN POSIBLE HERIDO
Vídeo | Dos coches sufren una fuerte colisión en Velle
Auge del alquiler temporal
El alquiler temporal moviliza al año 14 millones de euros en la provincia de Ourense
CAE LA OFERTA
Ourense pierde pisos turísticos por primera vez
Lo último