Malia as dificultades que atopa a unión de Oza e Cesuras, o trámite abre a porta a esta nova vía

Os difíciles inicios da fusión de municipios en Galicia

O Diccionario Xeográfico Ilustrado de Galicia, obra de consulta imprescindible, que comenzou a distribuir La Región fai dous anos.  (Foto: ARCHIVO)
En pleno debate polo alto número de concellos que ten Galicia e a necesidade de iniciar un proceso de fusións municipais que permitan garantir os servizos locais, as dificultades parece que son máis das agardadas. O pleno para aprobar a exposición pública do plan deixou de manifesto as diferencias entre o PP ?que goberna os dous municipios? e a oposición, e pode botar por terra as aspiracións de ambos os dous alcaldes, posto que de manterse esta oposición Cesuras non contará con maioría suficiente para aprobar a fusión.
Segundo o informe xustificativo, na fusión de Oza y Cesuras a entidade resultante sumaría uns 5.400 habitantes e permitiría colocar o novo municipio no posto 49 do ranking poboacional da provincia, cando agora ocupan os postos 78 e 72, respectivamente. Os alcaldes pretenden que a fusión -que sería a primeira en Galicia en máis de 40 anos? estea rematada en 2013 e abriría as portas a moitos outros concellos galegos en situación semellante. Non obstante, en Ourense ?a segunda provincia galega en número de concellos? 91 dos 92 existentes teñen unha poboación inferior aos 20.000 habitantes, e destes, dez teñen menos de 1.000 veciños.

Pero non parece que nesta provincia as fusións municipais vaian ser o método elixido polos rexedores para solventar a fragmentación. O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar Blanco, afirmou en varias ocasións que este paso 'non é necesario nin obrigatorio para prestar mellores servizos aos cidadáns' e prefire falar dunha 'fusión de facto', basada na cooperación para a prestación de servizos e apoiada na experiencia da Deputación que dirixe. Para Baltar Blanco a Deputación é a 'maior fusionadora de concellos de facto que existe en Galicia'.


A DE MENOS POBOACIÓN

Ourense é a provincia galega con menos poboación (336.926 habitantes en 2007), o que representa tan só o 12,3% dos habitantes de Galicia e unha densidade demográfica do 46,3 habitantes/km2 (cando a media galega é de 94,4 habitantes/km2). O despoboamento, que vai a máis cada ano, afecta a 11 das 12 comarcas da provincia; só se salva a capital e algúns concellos limítrofes.

Con estes datos, extraidos do Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia, resulta difícil atopar unha solución ao envellecemento e despoboamento que sofre a provincia e que podería supor un grave problema a curto prazo. Non obstante, este territorio conta con destacadas vantaxes que, ben utilizadas, poderían revertir a difícil situación actual, como é a incipiente industria vitivinícola que está a ser unha fonte de riqueza para a zona do Ribeiro. Pero tamén destaca a puxanza do sector téxtil, das industrias de envasado e comercialización de auga ou da lousa na zona de Valdeorras.

No campo turístico destacan as grandes posibilidades para o turismo de natureza que ofrece a provincia, dada a súa riqueza paisaxística e os espazos protexidos, como sinala a citada obra enciclopédica, repartida con este xornal en pasados meses. 'Cómpre destacar a existencia no Macizo Central da única estación de esquí de Galicia (Manzaneda)', subliña o Dicionario Xeográfico, que non esquece destacar que nesta provincia se acada o teito da comunidade, nos altos de Pena Trevinca (2.127 m), pena Negra (2.123 m), Pena Survia (2.122 m) ou o alto do Xurbial (2.053 m).

Xunto aos espazos naturais e as poboacións, aparecen recollidos na obra todos os accidentes xeográficos da comunidade galega acompañados da súa toponimia e as vías de comunicación, para o que se tivo en conta a Cartografía Dixital das capas SIX do SITGA, a máis actualizada e completa.

Pero, sen dúbida, o máis destacado é o coidado tratamento ilustrativo: máis de 2.500 fotografías e 250 mapas e infografías referentes á provincia de Ourense que permiten achegarse rapidamente ás principais características desta terra, a única de Galicia que non mira ao mar e vive, non obstante, da auga ?mineral para consumir ou a de carácter termal para usos de ocio e saúde-.

Te puede interesar