'Na punta do pé', o programa máis visto a nivel nacional

O espazo de Televisión de Galicia, 'Na punta do pé' foi o programa máis visto de toda España o pasado venres, día 10 de setembro, cunha audiencia do 17.2%.
O programa de TVG, que xa era do máis visto de tódalas televisións autonómicas neste verán, pasa a ser deste xeito o espazo máis visto a nivel nacional superando a outros formatos como 'Sálvame Deluxe', 'DEC' ou o Cine. Tras 'Na punta do pé', cun 17.2%, o seguinte programa con maior índice de audiencia en España foi 'Menuda noche', de Canal Sur, cun 16.1% de audiencia. En terceiro lugar situaríase a longametraxe 'Justicia urbana', emitida por La 1, de TVE, cun 14.7%. 'Sálvame Deluxe', cun 13.1% de audiencia, e 'DEC', cun 11.6% quedarían en cuarta e quinta posición. 'Na punta do pé', producido por SeteMedia para TVG, estivo dende os seus inicios entre os tres programas máis vistos de tódalas televisións autonómicas, segundo datos ofrecidos por Sofres.

'Na punta do pé', dirixido por José Manuel Martín, trata de reflectir, en directo, o ambiente que se vive nas festas populares galegas. Conta cun equipo de tres reporteiras, Elena Portela, Paula Señarís e Sara López e o presentador Emilio Guillín, que se achegan a cada unha das vilas para vivir en directo os acontecementos máis relevantes das súas festas.

Te puede interesar
Más en Sociedad