CONVENTO DE SANTA CLARA
Localizan el segundo cerebro saponificado en Pontevedra
Takekazu Asaka (Tokio, 1952) foi nomeado este sábado novo académico de honra da Real Academia Galega (RAG) nun acto celebrado en Cambados, no que expresou o seu amor polo galego. “Para min, nipogalego, a lingua propia de Galicia é a miña segunda lingua”, trasladou.
Asaka foi profesor de castelán na Universidade Tsudajuku durante décadas pero sua paixón é desde fai moito a lingua e a cultura galega e exerce como embaixador cultural de Galicia no seu país natal.
En recoñecemento a este labor, a RAG recibiu este sábado a Takekazu Asaka como membro de honra no pobo de Ramón Cabanillas, un dos clásicos galegos que o homenaxeado traduciu ao xaponés. O filólogo nipón levou tamén o seu idioma materno a Rosalía de Castro, Uxío Novoneyra ou os poetas medievais, promoveu a súa difusión a través da música, editou manuais pioneiros para a aprendizaxe do galego desde o xaponés, impartiu durante máis de 15 anos clases en varias universidades do país e estudou fenómenos como a gheada, o pronombre de solidariedade e o infinitivo conxugado.
Ademais, tal e como destacou a RAG, sente parte de Galicia, país ao que o unen numerosas amizades que o acompañaron este mediodía.
“Para min, nipogalego, desde hai anos a lingua propia de Galicia é a miña segunda lingua. Ser membro de honra desta institución é o máximo que podería esperar dunha terra e dunha xente que tan ben me acolleron, e que me acolle cada vez que volvo”, declarou o profesor na apertura da súa intervención, titulada “Do poñente ó nacente. Unha ollada de honra”.
A RAG agradeceu a entrega á causa de Galicia deste xaponés, fillo e neto de agricultores do Tokyo rural, e recoñece o seu labor incansable na defensa do galego e da cultura da súa segunda patria.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONVENTO DE SANTA CLARA
Localizan el segundo cerebro saponificado en Pontevedra
AMENAZAS DE LA IA
Anthropic propone medir el ritmo de desarrollo de la IA
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 19 de septiembre
INVESTIGACIÓN
Un 48% de españoles ya cuidó de un enfermo con alzhéimer
Lo último
AVERÍAS EN LA MITAD DE LOS TRAYECTOS
Medio centenar de incidencias en el tren del Miño en obras
"SENDEIROS AZUIS"
La Feria Termatalia 2026 regresará a Ourense
MANTENER VIVA LA TRADICIÓN
Antes de que la música de las chocas se apague en la montaña de Manzaneda
RESUENAN LAS CORNAS
Galería | Los pastores que mantienen viva la tradición en Manzaneda