A xornada contará con numerosos actos de homenaxe á vida e obra de Valentín Paz Andrade

Vigo acolle os actos centrais do Día das Letras en Galicia

A cidade de Vigo será o escenario principal dos actos de homenaxe ao galeguista Valentín Paz Andrade, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas e a figura que protagonizará decenas de actividades de todo tipo ao longo da xeografía de Galicia.
A Real Academia Galega organiza, como é tradicional no 17 de maio, unha sesión plenaria extraordinaria e pública na Fundación Barrié, en Vigo (ás 12.00 horas), na que participarán destacados académicos como Xavier Vence Deza, Manuel Rivas Barrós, Ramón Villares Paz, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Xesús Alonso Montero e o presidente da institución, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Asimesmo, unha hora antes será a inauguración dunha placa dedicada ao célebre e polifacético galeguista, nun acto organizado polo goberno local e que se celebrará no Edificio Sanchón.


EXPOSICIÓN HOMENAXE

A Xunta, asimesmo, se sumará ás celebración institucionais do Día dás Letras Galegas cun acto no Centro Integrado de FP Valentín Paz-Andrade de Vigo ás 13.30 horas. Nel, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inaugurará unha exposición multimedia sobre o autor. Ademais, a partir das 19.30 horas, a Cidade da Cultura acollerá un recital de Yolanda Castaño xunto co grupo 'Tender a man'.

O centro cultural de Novacaixagalicia acolle tamén unha exposición homenaxe a Valentín Paz-Andrade baixo o título 'Galiza como tarefa' con documentos orixinais, fotografías da época, mapas, debuxos, maquetas, obras de arte e documentos audiovisuais.

Esta entidade organiza tamén unha campaña de 'bookcrossing', na que os libros serán liberados en A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo e Ourense, ás 12.00 horas nas súas respectivas instalacións.

En Ourense, a feria do libro que se inaugurará na rúa do Paseo ás 11,00 horas marcará o paso da celebración na capital, que tamén acollerá unha lectura de libros en galego na esquina de Padre Feijóo a partir das 12,00 horas. Mentres, a Romería Raigame convertirá Vilanova dos Infantes, en Celanova, no centro etnográfico de Galicia con motivo do Día das Letras nesta ocasión adicado a Paz Andrade.

No resto da provincia, Xinzo, Carballiño, O Barco o Verín tamén recibirán distintos actos na homenaxe de Galicia ós seus autores.

No concello de A Coruña, o Teatro Rosalía Castro será escenario ás 12,15 horas, do concerto extraordinario Día das Letras Galegas no que participarán a Banda Municipal de Música de A Coruña en colaboración co Coro Cántigas da Terra.

O municipio de Ferrol organiza un acto central na súa zona rural en colaboración coa Agrupación de Asociacións de Veciños do Rural no local social de Esmelle e que consistirá nunha xornada aberta ao público que comezará ás 17.30 horas e que contará coa asistencia do alcalde José Manuel Rey Varela.

Comezará coa actuación do alumnado do colexio de Pazos, que realizarán unha descrición de Paz Andrade. A continuación, a compañía 'Crucía Teatro' de Santa Icía representará unha peza.


FESTIVAL DE DANZAS

Lugo, pola súa banda, celebrará o Festival de Danzas e Gaitas na que, a partir das 12:45 horas, preto de 260 nenos se xuntarán na Praza de Santa María para realizar un paseo cos traxes tradicionais ata a Praza Maior, onde darán unha volta e realizarán bailes de pezas que traballaron ao longo do curso.

Ademais en Pontevedra, proxectarase cinema en galego na rúa (Engurras e Tamén a Chuvia) e realizarase un acto popular de homenaxe na Praza de Curros Enríquez, cun recital poético, actuación da Coral Polifónica de Sobradelo, do Coro da Asociación Sociocultural O Burgo e da Banda de Música de Pontevedra.

Te puede interesar