Amable Fernández, alcalde de Manzaneda: "“O motor de Manzaneda e parte da comarca é que a estación funcione”
COMPLEXO INVERNAL
A estación de montaña de Manzaneda é o motor da economía do Concello según Amable Fernández
A neve fai que gran número de visitantes de Manzaneda pasen polo lugar e se deteñan, animando aos negocios locais. Moitos deles proceden de Portugal e cirulan por unhas boas estradas, salvo os últimos dous quilómetros do acceso ao complexo invernal.
Qué supón a estación de montaña para Manzaneda?
Cando hai neve, a afluencia de xente é impresionante. Énchense os lugares de hospedaxe, o pazo tamén colle moitos clientes, os restaurantes e as tendas que hai en Manzaneda tamén se benefician do paso da xente. Veñen e paran, dan unha volta e compran algo. Tamén hai produtos da zona, como meles ou bica, é moi bo para todo o Concello. Se o restaurante vende máis carne da habitual, pois compra máis cordeiros, máis de todo.
De ónde veñen os visitantes?
Os que veñen para quedar, chegan de Galicia e León, pero a xente que ven a ver a neve procede maioritariamente de Portugal. Despois, algúns quedan. Veñen de cerca de Braga e Chaves a disfrutar do día e volver para casa, simplemente por ver a neve. Cando hai neve, hai un tráfico continuo de coches de xente de Portugal.
A estación de montaña é o motor do Concello?
O motor de Manzaneda e parte da comarca é que a estación funcione. Aquí non hai polígonos industriais, non hai industrias con 30 ou 40 traballadores, estamos na Rede Natura case ao 100 %, co cal son complicadas as actuacións para xerar emrego e que as empresas se veñan para aquí. Hoxe en día, o motor da zona é a estación, e interésanos que haxa neve, que funcione incluso cando non hai neve, e que os accesos estean ben para que a xente veña e volva contenta..
Cómo están os accesos da estación?
Están como os de tódolos concellos, poderían estar mellor, pero non hai financiación. Hai tramos nos que se van facendo actuacións e, o da estación de montaña, se non fose polos dous últimos quilómetros estaría libre para que a xente subise. Temos que telo cortado porque non podemos subir co quitaneves debido ao estado que ten na parte que lle corresponde a Trives. Ten unhas fochancas moi grandes e montóns de terra ao lado. Co coche aínda podes ir escapando pero o quitaneves non o podes pasar porque destrózalo.
Por qué está tan mal?
Fai cinco anos cambiaron as alcaldías de Manzaneda e Trives e os alcaldes anteriores xa tiñan pechado coa Deputación que se fixera cargo desa subida, igual que fixo fai uns 30 anos coa outra, que xa é da Deputacion. En xullo de 2019, o pleno de Manzaneda aprobou o proxecto dos técnicos da Deputación para asumir a estrada. A alcaldesa de Trives estivo dous anos dicindo que ela non atopaba o expediente. Despois, nun pleno, a oposición de Trives aprobou a cesión da estrada e ela nunca mandou o acordo plenario á Deputación. Leva tres anos dicindo que envía o escrito pero que a Deputación non quere estradas, e non é así. En novembro dixo que era un cortalumes e que o tramo é dos comuneiros desa zona. Non sei se é deles ou de Trives, pero non é de Manzaneda e non podemos meternos. Está deixando que a estrada se poña perdida para que a xente non poda subir por ese lado para ir á neve e que pase por Trives, cando un día de neve pasarían por Trives, por Manzaneda e por tódolos lados, porque non hai infraestruturas para tanta xente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DO 9 AO 12 DE ABRIL
Convivencia do ecosistema emprendedor galego en Manzaneda e San Xoán de Río
PRIMERA VEZ EN MÁS DE 100 AÑOS
Reservas en Trives y Valdeorras con un año de antelación para ver el eclipse del 12 de agosto
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas