NUEVAS ESTRUCTURAS
El poblado galaico-romano de Mouruás sale, tras siglos, a la luz
A emoción e o recoñecemento encheu a Cidade da Cultura, cando o equipo de DígochoEu culminou o curso entregando, na súa terceira edición, os Premios Escolares a seis destacados vídeos sobre lingua galega. Estes traballos foron seleccionados entre unha gran cantidade de propostas presentadas por estudantes de toda Galicia deste certame. Más de 400 persoas, entre alumnos, profesores e familias, reuníronse nunha emotiva gala onde a xornalista Esther Estévez, rostro destacado do proxecto DígochoEu, presentou o evento con entusiasmo e orgullo.
O Instituto Trivés, de Pobra de Trives, destacouse nesta edición ao levar o ouro na categoría de centros de Secundaria grazas ao seu vídeo sobre “A Fulión dá Mourela pra acá”. Este logro foi motivo de alegría e celebración para os estudantes, quen compartiron o podio con institucións como o IES As Bizocas de San Vicente do Grove e o IES Illa de Arousa. Esta distinción non só recoñeceu o talento e o esforzo do equipo trivés, senón que tamén resaltou o seu compromiso coa promoción e preservación da lingua galega.
A xornada non só foi de premio para os estudantes de Trives. Durante a mañá, grazas a colleitar palabras galegas en desuso nos municipios dos alumnos, tiveron a oportunidade de visitar o Instituto da Lingua Galega (ILG), onde coñeceron de preto o traballo de investigación en Lingüística e Filoloxía Galega. Ademais, compartiron experiencias con Antón Santamarina, cuxa contribución á lingüística galega é invaluable, participando, entroutras, na elaboración da primeira edición das normas ortográficas e morfolóxicas do galego.
Tanto o vídeo gañador como esta visita ao Instituto da Lingua Galega estivo organizado polo departamento de Lingua Galega do instituto trivés.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVAS ESTRUCTURAS
El poblado galaico-romano de Mouruás sale, tras siglos, a la luz
1,4 MILLONES
El GDR Sil-Bibei-Navea impulsará 36 iniciativas
DEL 6 AL 8 DE OCTUBRE
Cita con las setas en Trives
TRADICIÓN Y FÉ
Música y devoción en el Rosario de As Ermidas, en O Bolo
Lo último
COPA DEL REY
El Auriense cae con dignidad ante el Deportivo (0-3)
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense