A Caniceira trae contos de Nadal para os cativos en Trives

AGASALLO ESPECIAL

Este sábado 4 de xaneiro, a Asociación Cultural A Caniceira organiza unha actividade gratuíta con contacontos, personaxes do Nadal, música e agasallos para os máis pequenos no CEIP Manuel Bermúdez Couso.

CEIP Manuel Bermúdez Couso, Trives.
CEIP Manuel Bermúdez Couso, Trives.

Este sábado, 4 de xaneiro, a Asociación Cultural A Caniceira ten preparada unha actividade para os máis pequenos da casa. Ás 12:00 horas, o local da asociación, nas instalacións do CEIP Manuel Bermúdez Couso, transformarase nun escenario de fantasía onde os cativos poderán vivir unha reunión única das grandes personaxes do Nadal. O Pandigueiro, Papá Noel, o Tió, o Olentzero e os Reis Magos estarán presentes nun contacontos que promete encher de ilusión e sorrisos a mañá deste sábado.

A actividade, levada a cabo polo grupo de teatro da asociación, finalizará cun pequeno agasallo especial da man das máxicas figuras de Nadal, para todos os asistentes. “Queremos que ningún pequeno marche sen levar un recordo deste día”, engaden desde a organización. Ademais, a música do grupo da asociación As Macizas Centrais poñerá o broche final a esta xornada chea de maxia.

A entrada ao evento será de balde, unha razón máis para non perderse esta actividade de Nadal da Caniceira. “Se o tempo o permite, sairemos cos cativos coa nosa música polas rúas da vila”.

Contenido patrocinado

stats