O grupo trivés de teatro regresará aos escenarios

Grupo de teatro A Caniceira durante un ensaio. R. M.
photo_camera Grupo de teatro A Caniceira durante un ensaio. R. M.
Os intérpretes, membros da asociación trivesa, son todos veciños da comarca que ensaian cada martes dirixidos por Ana García Earley

O grupo de teatro A Caniceira presentará o seu novo espectáculo “Criaturiñas de Deus”, de Tomás Afán Muñoz, no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives.

A estrea terá lugar o vindeiro 25 de xuño, ás 20,00 horas, e a entrada será de balde. 

Os intérpretes, membros da asociación trivesa, son todos veciños da comarca que ensaian cada martes dirixidos por Ana García Earley. A súa directora explica que “a través de esceas curtas enfiadas, as personaxes, nenos e nenas inxenuas, vanse enfrontando desde o humor e o subrealismo a varios temas tabú como a morte, o sexo e a relixión” engadindo entre sorrisos que “hasta se atreverán co amor e todo”.

Na función tamén participa o grupo de teatro infantil da anpa do colexio de Infantil e Primaria de A Pobra de Trives, dirixida por García Earley.

Te puede interesar