Laura Codesido Prado: "Estarei un mes en Brasil estudando quimioterapia sobre un cancro de mama"
Laura Codesido Prado, enfermeira e estudante de Mediciña
Laura Codesido, natural de Monteboi, na Pobra de Trives, tiña claro desde nena que a rama da Eediciña sería o seu futuro. Foron moitos os anos nos que aquela pequena nena de boas notas soñaba con ser forense, máis ao finalizar os estudos de bacharelato, o seu camiño foi Enfermería en Ourense. As súas ansias por seguir aprendendo e a teima de facer Mediciña non perderon forza, rematou Enfermería, exerceu a profesión varios anos, e sen tirar a toalla, comezou a carreira de Mediciña en Santiago. Codesido Prado está xa no cuarto curso de Mediciña e durante un mes seguirá ampliando os seus estudos no Brasil.
Que a animou a facer Mediciña xa traballando de enfermeira?
Foi o que sempre quixen desde pequena e traballando de enfermeira dinme conta que podía completar a miña formación estudando Mediciña, e así comencei.
Cómo foi traballar e estudar ao mesmo tempo?
Foi bastante duro, ao principio estudei e traballei a tempo completo, pero era moi difícil de compaxinar, sobre todo polo Plan Bolonia que nos obliga a asistir a clases, así que agora, neste cuarto curso, tiven que deixar de traballar e dedicarme só aos estudos. No verán fago ao revés, traballo a tempo completo.
Que a leva a seguir formándose en Brasil?
Pois a través dun intercambio de investigación a través da asociación de estudantes de Santiago, chamada Meiga e a nacional Ifmsa. A maneira de conseguir este intercambio é un tanto complexa de explicar, digámos que se fai a través de puntuación acadada pola formación.
En que consiste?
Pois é un intercambio dun mes en Teresina, no Estado de Piauí, e o estudo é sobre a dieta de xaxún parcial e quimioterapia nun modelo de cancro de mama, na Universidade Federal do Piaui. Eu farei seguimento da rutina de alimentación e do tratamento de quimioterapia, análise de mostras sanguíneas, análise estatístico dos datos recollidos...
Participan máis ourensanos neste intercambio?
De Galicia hai máis, pero van a outros países e de España varios tamén viaxan a Brasil, pero van a outras Universidades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último