Manzaneda disfrutou ao ritmo dos acordeóns

photo_camera El Centro de Día del Concello de Manzaneda albergó el fin de semana el concierto del grupo de acordeones "Airiños da Porta Falsa" como broche final a su programación de Navidad.

A mediados de decembro, o concello de Manzaneda daba comezo ás súas actividades de Nadal cunha obra de teatro, e desde esa data os eventos fóronse sucedendo ata que esta pasada fin de semana remataban coa actuación musical do grupo de acordeóns “Airiños da Porta Falsa”.

Os integrantes do grupo son membros da escola municipal de acordeóns que hai no concello, onde cada sábado o mestre Manuel Olegario Rodríguez Escudero se achega desde Vigo para impartirlles clases aos preto de 20 alumnos de distintas idades que forman a escola.

Coa música de acordeón, interpretando cancións por todos coñecidas, o concello de Manzaneda poñía o broche ao programa navideño, actuando o sábado no Centro de Día do Concello ante un involucrado público que mesmo se animou a cantar parte do repertorio a pesares das máscaras.

Te puede interesar