San Xoán de Río acolle o domingo a Feira da Economía Social
POTENCIAL DO RURAL GALEGO
Innovación, economía social e tradición trénzanse este domingo, a partir das 11:00 horas da mañá, na celebración da Feira da Economía Social en San Xoán de Río
Este domingo, San Xoán de Río converterase nun punto de encontro para a innovación, a economía social e a tradición coa celebración da Feira da Economía Social. O evento, que comezará ás 11:00 horas, contará cun amplo programa de actividades para toda a familia e unha variedade de iniciativas que amosarán o potencial do rural galego.
A inauguración oficial correrá a cargo de Marta Vázquez Guzmán, directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Ademais, a feira incluirá o Día da Muller Rural cunha actividade especial organizada pola Cooperativa Increscendo, e ás 12:30 horas, o grupo musical The Teta’s Van ofrecerá un concerto en vivo.
Entre as propostas destacadas, haberá exposición e venda de produtos locais “a través das iniciativas de Arraigo á Terra, Piel Natura cosmética natural, Sabor da Serra ou Terras de Boborás con produtos derivados da mel, os viños da Ribeira Sacra Peza do Rei, ou a exposición especial de Porco Silleiro, poderán mergullarte no sabor do noso territorio” según sinalan desde a organización. Ademáis, na xornada tamén haberá asesoramento para emprendedores, e rematará cunha partida de Monopoly rural ás 16:00 horas, poñendo a proba os coñecementos do mundo rural.
A feira é de entrada gratuíta, con espazos de lecer para todas as idades, sendo a ocasión perfecta para desfrutar en familia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 3 de marzo?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este martes, 3 de marzo, en Ourense
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Martes, 3 de marzo