Trives acolle o “Encontro de Verán” del colectivo Asomega

Calle Marqués de Trives, la de más locales comerciales. (R.M.)
photo_camera Calle Marqués de Trives (R.M.)
A data marcada para a celebración é o vindeiro 5 de agosto

A Asociación de Médicos Galegos, Asomega, celebrará o seu encontro de verán na vila trivesa. Tralo nomeamento de Julio Ancochea, presidente de Asomega, como fillo predilecto da Pobra de Trives, desde a asociación decidiron que esta vila ourensá sexa o escenario desta reunión.

A data marcada para a celebración é o vindeiro 5 de agosto e para asistir os membros xa poden reservar a súa plaza nestes días. Os interesados poden anotarse enviando un correo electrónico a [email protected]. O programa comezará ás 12,00 horas co acto institucional na casa do Concello da Pobra de Trives e a continuación, ás 13,00 horas terán o encontro entre amigos no Colexio Santa Leonor. O festexo continúa ás 14,30 horas, co xantar de verán que se realizará no Restaurante La Viuda.

Te puede interesar