A UVigo busca futuros científicos en Ourense

Imaxe dunha edición anterior do proxecto.
photo_camera Imaxe dunha edición anterior do proxecto.

O proxecto “MicroMundo@UVigo 2.0” bota a andar outro curso académico. Alumnado e profesorado da Facultade de Ciencias traballarán con estudantes preuniversitarios nun proxecto de investigación en busca de microorganismos produtores de novos antibióticos. O obxectivo último da iniciativa é espertar nas novas xeracións a vocación científica e a conciencia sobre a necesidade dun uso responsable destes medicamentos.

As actividades desta iniciativa desenvólvense cada ano nos laboratorios dos centros educativos elixidos, titorizados por estudantes da UVigo voluntarios que exercen de docentes. Ao longo das sesións, os rapaces póñense na pel de investigadores en busca de novos antibióticos, realizando en pequenos grupos dende o procesamento de mostras ata a detección e illamento de bacterias. “Queremos que os rapaces e rapazas vaian descubrindo o que é a investigación e se é posible tamén unha nova substancia con actividade antibiótica que poida resolver algún problema”, sinala a coordinadora, María José Pérez. 

Te puede interesar