EXPOSICIÓN

BBAA prolonga o seu 25 aniversario achegando o seu talento a Porto

As obras do 'Proxecto Vitrinas', presentadas en novembro, formarán parte da exposición.
photo_camera As obras do 'Proxecto Vitrinas', presentadas en novembro, formarán parte da exposición.

A facultade do Campus de Pontevedra está a promover unha exposición itinerante que se estreará o vindeiro 18 de febreiro na cidade lusa.

Cando, o pasado 30 de novembro, Belas Artes celebrou o seu 25 aniversario cunha xornada de portas abertas, os que se achegaron á facultade foron recibidos na súa entrada polo Proxecto Vitrinas, unha selección de obras de estudantes e egresados, producidas pola empresa Lab-In, coa que o centro buscaba achegar á cidadanía o talento que se forxa nas súas aulas.

Con esa mesma filosofía, esta facultade prolonga o seu aniversario neste 2016 cunha exposición itinerante que o 18 de febreiro se estreará na Facultade de Belas Artes da Universidade do Porto, e para a que abriu un proceso de selección de obras, ao que poden presentarse tanto o alumnado como os titulados e tituladas.

Segundo explica a decana, Silvia García, desta mostra formarán parte os traballos de Julio Manuel Álvarez, Teresa Búa, Diego Germade, Ana Isabel Gil, Horacio González, Tatiana Lameiro, Ana Isabel González, Deborá Mascaró, Rosa Neutro, Yolanda Ríos e Verónica Vicente seleccionados no concurso promovido xunto coa empresa Lab-In, e presentados por primeira vez no marco do Proxecto Vitrinas.

“Mais a anterior convocatoria non podía acoller traballos de escultura ou vídeo, polo que o noso obxectivo é agora engadir á exposición outros soportes”, explica a decana do proceso de selección de obras que veñen de abrir para escoller as pezas que completarán esta exposición do 25 aniversario. O prazo de presentación de proxectos, que poderá realizarse tamén a través do correo [email protected], permanecerá aberto ata o 25 de xaneiro.n

Te puede interesar
Más en Universitas