UNIVERSITAS

Biocaps, último ano co 90% dos seus obxectivos cumpridos

O programa do Instituto de Investigación Biomédica supera os 200 investigadores, con 27 máis adscritos

Cando aínda resta pret dun ano para a súa finalización, o Programa de Apoio ás Capacidades Biomédicas (Biocaps) alcanzou xa máis do 90% dos obxectivos marcados ao comezo da súa execución. O proxecto do Instituto de Investigación Biomédica (IBI) alcanza o seu segundo aniversario con 27 investigadores máis adscritos, o que eleva o total a 215, e preto de medio cento de novos proxectos e acordos de transferencia con empresas e institucións iniciados en 2014. O comité de avaliación externo do proxecto está formado por científicos e empresarios de recoñecido prestixio na área biomédica. Á reunión celebrada en marzo para facer balance sobre o camiño percorrido e priorizar os retos a abordar durante 2015, asistiron a vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, María Asunción Longo; a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Xunta de Galicia, Sonia Martínez Arca; o director da división de proteínas e ácidos nucleicos do Laboratorio de Bioloxía Molecular de Cambridge, Andrew McKenzie; e o catedrático de Fisioloxía da Universidade de Santiago de Compostela Carlos Diéguez.

En representación do comité, Carlos Diéguez destacou que durante estas dúas primeiras anualidades o proxecto alcanzou un grao de cumprimento de obxectivos superior ao 90%. Na opinión de Diéguez, o maior reto de futuro é que todo o conseguido durante este período perviva no tempo.n

Te puede interesar
Más en Universitas