UNIVERSITAS

O Coro Universitario busca reforzos

“Queremos seguir contando co Coro Universitario, nesta ocasión para tres representacións que terán lugar en novembro e decembro”, explica Daniel Diz

Saber cantar e ter oído, pero tamén ter ganas de traballar. Estes son para Nuria Lorenzo, directora do Coro Universitario, os requisitos que debe cumprir calquera persoa que este pasado martes ou hoxe xoves queira tome parte nos procesos de selección, que para participar na representación de tres óperas do programa do Outono Lírico de Amigos de la Ópera, están a ter lugar na sede da rúa Torrecedeira da Escola de Enxeñería Industrial. Unha trintena de persoas integran na actualidade o coro da Universidade de Vigo, unha cifra que tería que duplicarse para poder atender a invitación de Amigos de la Ópera, que xa contara coa formación coral universitaria nas representacións de Il Trovatore e Lucia di Lammermoor os anos 2013 e 2014.


“Queremos seguir contando co Coro Universitario, nesta ocasión para tres representacións que terán lugar en novembro e decembro”, explica Daniel Diz, director artístico de Amigos de la Ópera, “porque as experiencias previas foron moi boas, boísimas”. Como xa sucedera entón, o coro necesita reforzarse coa incorporación de novas voces, que se agarda podan saír dos dous procesos de selección que se celebrarán esta semana entre 20 e as 22.00 horas.

Te puede interesar
Más en Universitas