UNIVERSITAS

As universidades galegas fan balance dos seus hábitos saudables

Cadarso
photo_camera Alexandre Cadarso Suárez, autor da tese sobre hábitos de vida saudable.

Alexandre Cadarso Suárez realiza unha enquisa para a súa tese de doutoramente

Dende o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo queren facer un chamamento para que os membros da comunidade universitaria colaboren na recollida de datos nunha enquisa sobre hábitos saudables nas universidades galegas. A enquisa forma parte da tesis de doutoramento de Alexandre Cadarso Suárez, técnico de actividades deportivas da Universidade de Santiago de Compostela e Graduado en Enfermaría, que está a realizar un traballo titulado "A actividade física relacionada coa saúde e hábitos de vida saudadables na comunidade universitaria galega". Cadarso quere así recoller datos sobre hábitos saudables entre os membros da comunidade universitaria (PAS, PDI e alumnado). Centrarase nas ramas de nutrición, alcol e tabaco, pero buscará principalmente datos xerais sobre hábitos de vida saudable entre os integrantes das tres universidades galegas.


Para participar neste enquisa soamente é preciso entrar na web de Deportes e posteriormente no apartado Secretaría Virtual, onde atoparan un enlace para comezar a enquisa. O cuestionario contén unha serie de preguntas, en total 54 cuestións moi sinxelas e rápidas de responder. O formulario estará aberto ata o 22 de maio e a enquisa é totalmente anónima e a información que se obteña será confidencial.
O Servizo de Deportes da Universidade de Vigo quere colaborar coa difusión e promoción deste traballo e animar a toda a comunidade universitaria a que empregue soamente cinco minutos do seu tempo e aportar así uns datos que para o Servizo de Deportes resultarán tamén de moito interese xa que se trata de información relevante sobre os hábitos que teñen os integrantes da Universidade de Vigo.

Te puede interesar
Más en Universitas