GASTRONOMÍA Y MÚSICA
Galería | Valdeorras disfruta con la XXVII Feira do Viño
A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do Concello do Barco repite este ano os obradoiros “Fiando a Memoria”, ca axuda da empresa Outonía, que se impartirán unha vez á semana en catro localizacións diferentes: Veigamuiños, Éntoma, O Barco e Viloira.
Mellorar a codificación, almacenaxe e recuperación da información serán os principais obxectivos das actividades que se propoñan no obradoiro, así como o aprendizaxe de técnicas de expresión artística, e participativas para recuperar a memoria individual e colectiva, exercicios de expresión oral e escrita e dinámicas corporais e de xogo.
Nesta ocasión, as sesións impartiránse os luns, no local da asociación de Mulleres Rurais en Veigamuiños; o mesmo día, na antiga escola de Éntoma; os mércores, na cuarta planta da biblioteca do Barco e tamén os mércores, no local da asociación de Mulleres Rurais de Viloira.
Máis de 40 mulleres participaron na edición do ano pasado, recuperando a figura das furracas en Éntoma, a memoria do río en Viloira, fixeron cartografías textís en Veigamuíños e reflexionaron sobre os espazos de encontro no Barco. As inscripcións poden facerse no Concello Vello ou no 988 684 885. Tamén está aberto o prazo de inscrición para participar no encontro “Con-fluencias” do venres na praza de Viloira, co Sil como protagonista.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GASTRONOMÍA Y MÚSICA
Galería | Valdeorras disfruta con la XXVII Feira do Viño
ARRUINADO POR EL CALOR
La campaña de setas en Valdeorras acusó la subida de las temperaturas
PIEDRA NATURAL
El mejor proyecto de Casa Decor lleva sello Cupa Stone
Lo último
CARTAS AL DIRECTOR
El ocupa de Moncloa
CIERRE DE TEMPORADA
Despedida a lo grande para el Ontime (1-2)
CAMPIONATO DE PESCA
Bande fixo gala da súa hospitalidade na Festa do Peixe
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Gracias por cuidar