ESCENAS DE VIDA
Carballeda se embellece con fotos antiguas de sus vecinos
POLÍTICA
Francisco García, candidato do BNG ao Congreso, participou este luns nun acto electoral no Barco de Valdeorras. Como eixo central do súa candidatura sinalou a situación na que vive a poboación da comarca de Valdeorras nas súas conexións: "Precisamos que Ourense se poida comunicar co resto de Ourense e do país". Neste ámbito, destacou que "cando chegue a Madrid" traballará en medidas como o arranxo da N-120 que une a zona coa capital da provincia. "A comarca tamén precisa dunha conexión de autobús con a Gudiña para acceder ao AVE cando chegue", engadiu.
García aproveitou para denunciar a situación de "inxustiza" na que viven os veciños de Valdeorras. "Gran parte dos diagnosticados de silicose proveñen de Valdeorras e para recibir tratamento teñen que desprazarse a Oviedo", apuntou García, sobre un terreo na que enfermedidade é importante debido ás explotacións de pizarra.
Sobre o sector da viticultura, mostraron as súasmedidas e xunto coa deputada autonómica, Noa Presas, fixeron fincapé no seu apoio. "Temos que garantir rendas para os produtores e que no censo catastral apareza reflectida a realidade das explotacións vitivinícolas", prometeu García. Por último, recalcou que "temos que facernos valer da man do BNG con representación en Madrid".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESCENAS DE VIDA
Carballeda se embellece con fotos antiguas de sus vecinos
AULA DE TECNOLOGÍA APLICADA
El Lauro Olmo actualiza sus medios de enseñanza
UNA VÍA CLÍNICA
Sanidade evitará viajar hasta Oviedo a afectados de silicosis
DESTINO DE INVIERNO
Manzaneda cerró la Navidad con cerca de 15.000 usuarios
Lo último