A DO Valdeorras incrementará a promoción en 2024

La mayoría de los vinos gallegos fueron catados el 26 de febrero.
José R. Rodríguez: "a Feira do Viño celebrarase os días 8 e 9 de xuño e será especial, xa que acada o seu 25 aniversario"

O Consello Regulador da DO Valdeorras estará presente na Feira Vinexpo, “unha das máis relevantes de Europa, que se celebrará en París entre o 12 e o 14 de febreiro”. Así o anunciaron desde o organismo tras a xuntanza do pleno deste luns.  

Desde a DO explican que á cita europea acudirá “baixo o paraugas da Asociación de Consellos Reguladores do Viño, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, Acruaga, constituída ao abeiro dun convenio entre as diferentes denominacións de orixe vitivinícolas galegas e a de augardentes e licores, e o Igape. A razón de proceder desta maneira non é outra, tal e como explicaron, que promocionar os viños en París de maneira conxunta coa doutros territorios amparados galegos, e deste xeito tamén, apoiada pola Xunta de Galicia. 

Corners

A pesares de asistir baixo o mesmo paraugas común, o que confire forza á acción, a DO aclara que no salón parisino contarase con “corners” específicos que utilizarán cada un dos consellos reguladores. Con esta premisa, espera o consello valdeorrés a participación das adegas da comarca, para o que informou de que “o prazo para as que estean interesadas en participar na feira poidan enviar os seus viños ao Consello Regulador permanecerá aberto ata mediados de xaneiro”.

Tamén informou a DO da aprobación da que será a vixésimo quinta Feira do Viño de Valdeorras que terá a súa celebración no mes de xullo do novo ano 2024, os días 8 e 9. Sobre a celebración desta feira, o presidente asegurou que “será moi especial, posto que o foro acada o seu 25 aniversario e isto merece ser celebrado dun xeito especial, cunha coidada planificación de actividades”.

O pleno servía aos membros da DO para facer balance do ano que chega a súa fin, un balance positivo do que o presidente, José Ramón Rodríguez Castellanos, destacou o traballo feito en materia de promoción. Tamén se fixaban obxectivos para o 2024. “A xuntanza plenaria deste luns evidencia que un dos obxectivos fundamentais do organismo para 2024 vai ser o da intensificación da promoción dos nosos viños e adegas. Á potente campaña que acabamos de presentar, hai poucas semanas, sumarase a nosa presenza en diferentes foros nacionais e internacionais para seguir dando a coñecer os brancos e tintos da nosa comarca entre novos públicos”, resaltou o responsable da DO.

Te puede interesar