INCENDIOS FORESTALES
Los dueños de castaños de Valdeorras exigen un trato justo contra el fuego
SANIDADE MUNICIPAL
O grupo municipal do BNG no Concello do Barco de Valdeorras vén de rexistrar unha moción na que sinala a situación da pediatría no distrito valdeorrés, debido a que as tres prazas de pediatría do centro de saúde están neste momento “vacantes”, trala xubilación do único pediatra “a primeiros de novembro”.
Por ese motivo, a formación insta á Xunta a garantir a atención sanitaria en medicina primaria dos nenos do distrito sanitario de Valdeorras por parte de especialistas en pediatría “de xeito permanente”, e dá traslado da súa solicitude aos alcaldes e corporacións municipais do resto de concellos da área sanitaria.
Na exposición de motivos, o BNG apunta a que o distrito sanitario de Valdeorras abrangue “dende Viana do Bolo ata Rubiá, Manzaneda, O Barco, Larouco ou Carballeda”, e polo tanto a carencia de pediatras “afecta á cativada do distrito, nunha comarca moi extensa e montañosa, con déficit de comunicacións”.+
Os nacionalistas subliñan que os pais e nais de Valdeorras veñen denunciando a situación pediátrica “dende a pasada primavera”, e engade que a asistencia sanitaria é un “dereito básico e primordial, sobre todo para os miúdos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCENDIOS FORESTALES
Los dueños de castaños de Valdeorras exigen un trato justo contra el fuego
XOSÉ MERELLES EN RUBIÁ
La comarca de Valdeorras aumentó un 43% los turistas este año
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 3 de noviembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 3 de noviembre