ENTREVISTA, NUEVOS RETOS EN LOS CONCELLOS

Francisco Rodríguez. “Chandrexa terá na residencia de anciáns a empresa máis grande"

alcalde
photo_camera Francisco Rodríguez Rodríguez, alcalde de Chandrexa.

O alcalde popular de Chandrexa de Queixa leva 24 anos rexindo os destinos do Concello

O alcalde popular de Chandrexa de Queixa, Francisco Rodríguez Rodríguez, leva 24 anos rexindo os destinos do Concello. A pesares do tempo transcurrido di non estar canso para afrontar un mandato no cal, a Corporación local ten cinco concelleiros do PP e dous do PSdeG-PSOE.

Que lle din os veciños, despois de 24 anos de alcalde?
Dígoo de corazón: os meus veciños o levan recoñecendo durante 24 anos. Sempre me apoiaron con maioría absoluta.

Non repetir como deputado lle librará de parte do traballo?
Non me van levar sempre. Teñen que relevar. Son moitos anos e te sentes máis canso, por ter que viaxar prácticamente tódolos días e todas as semanas.

É difícil dirixir un Concello do rural como Chandrexa?
Nos concellos rurais temos moitos problemas. Hai que pensar que Chandrexa ten 34 pobos e 87 quilómetros de pistas. Está todo asfaltado, mais claro que ten un coste moi superior que o da cidade. Aquí, para dar un servicio a dez veciños, ao mellor temos vinte quilómetros de distancia ata a capitalidade. Da Administración non teño queixas, nin da Deputación nin da Xunta.

Ten futuro o rural?
É complicado. No rural a xente é moi maior, hai pouca xuventude.  Agora que en dous anos se incorporaron 15 explotacións de xente nova. Este ano naceron dous nenos, mais pérdese poboación. Hoxe estamos en 549 habitantes.

Onde está o futuro de Chandrexa?
Na gandería. Non queda outra alternativa. A agricultura é de autoconsumo, sembras para consumo.

Os gandeiros se queixan das trabas, como a prohibición de pastar en zonas queimadas, piden máis axudas da Administración.
As axudas están ben, tanto para axudar aos gandeiros que xa se encontran establecidos como á incorporación de novos. Sería darlles posibilidades para instalarse. Hoxe crear unha gandeiría e unha explotación custa moito. Estanse dando axudas de 24.000 a 30.000 euros para as novas explotacións, mais se se lles dera máis estaría ben. A prohibición é unha norma europea e se aplica onde se fan queimas sin control. Prohíbe o pastoreo durante tres anos. Nestes concellos de montaña dificulta moito porque a gandería é intensiva. Se os montes arden, o gando anda solto e é moi difícil de controlar para os gandeiros. Claro que causa un perxuizo enorme.

Coa estación de montaña de Manzaneda moi preto, o turismo pode ser unha fonte de recursos?
O turismo tamén é un sector importante. Este ano celebrouse un campeonato para a Copa de España de Trail carreira e volverase organizar. Hai dous anos puntuou para o Campeonato de Galicia e volverá facelo. Hai actividades. Tamén están a caza e a pesca. Aquí, hai un encoro moi bo e ven moita xente a pescar. A estación de montaña é moi importante. Na comarca de Trives é un motor de emprego e de visitantes.


Que pensa da comisión de infraestruturas que promove Trives?
Non a vexo moi ben. Antes de facela habería que falar e comentar se se quere facer e como. Semella que voltamos andar en bandadas, como cando foi o da autovía A-76. Creo que é importante falar das infraestructuras, mais facelo coa Deputación e a Xunta. Falarei cos meus compañeiros e alcaldes da zona para ver se se vai ou non.

Como está o Concello de estradas?
A ver se se remata a que comunica Montederramo e Chandrexa. Nos quedan tres quilómetros. As outras son pistas rurais. Teño o compromiso do presidente da Xunta de que no 2016 se rematará.
 

Te puede interesar