A Veiga reúne a produtores agrogandeiros do rural

ECOAGRO

A IV edición do Crianza Trevinca celebra hoxe o seu segundo e último día

Diversos representantes institucionais da Xunta, Deputación, Inorde e concellos déronse onte cita na Veiga.
Diversos representantes institucionais da Xunta, Deputación, Inorde e concellos déronse onte cita na Veiga.

Este sábado tivo lugar na área recreativa O Coiñedo, no concello da Veiga de Valdeorras, a inauguración da IV edición da exposición agrogandeira “Crianza Trevinca”. Esta feira, que recupera o espírito máis tradicional de A Veiga e de toda a comarca de Trives, remata este domingo cun amplo programa de actividades pensado para tódolos públicos.

Onte déronse cita numerosos visitantes e produtores agrícolas e gandeiros da comarca, que puideron presencias diversas exposicións de gando, razas autóctonas, exhibicións de cans de pastoreo, entre outros actos lúdicos e gastronómicos con produtos locais.

A IV Exposición Agrogandeira Crianza Trevinca contou con exhibicións de gando.
A IV Exposición Agrogandeira Crianza Trevinca contou con exhibicións de gando.

Este evento, co que colabora a Deputación a través do Inorde, ten por obxectivo a posta en valor da vida do rural, e servir de escaparate á gandería, agricultura e artesanía da Veiga. Entre o máis destacado de hoxe, ás 13:00 horas amosarase a malla tradicional.

Contenido patrocinado

stats